Cuadernos de Estudios Gallegos
Este tomo XXVII (81-82-83) de Cuadernos de Estudios Gallegos (1972) está dedicado á figura de Martín Sarmiento. (Máis información e descarga)
Este tomo XXVII (81-82-83) de Cuadernos de Estudios Gallegos (1972) está dedicado á figura de Martín Sarmiento. (Máis información e descarga)
A Asociación Galega de Onomástica (AGOn) en 2002, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas dedicado a Martín Sarmiento, organizou na Universidade de Compostela o I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”. (Máis información e descarga)
En 1995, co gallo do tricentenario do nacemento de Martín Sarmiento, o Consello da Cultura Galega organizou un amplo Congreso Internacional. En 1997 editaríanse as actas deste Congreso, en co-edición coa Universidade de Santiago de Compostela, que aquí ofrecemos. (Máis información e descarga)
Por mor da dedicación ao Padre Sarmiento do Día das Letras Galegas en 2002, a Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago organizou unha exposición bibliográfica e publicou un interesante catálogo, (Máis información e descarga)
Con motivo do tricentenario do natalicio de Martín Sarmiento, o Consello da Cultura Galega organizou unha exposición itinerante, co correspondente catálogo, que é o aquí ofrecemos. (Máis información e descarga)
Un dos máis importantes estudosos da obra de Martín Sarmiento, Antolín López Peláez, publicou en 1895 esta ampla biografía, en moitos aspectos aínda non superada. En 2002 foi reeditada facsimilarmente polo Consello da Cultura Galega. (Máis información e descarga)