Observatorio da Cultura Galega » Presentamos o Anuario de Estatísticas Culturais 2006

Presentamos o Anuario de Estatísticas Culturais 2006

caratula_anuario.jpgO Anuario de Estatísticas Culturais é un proxecto pioneiro no país: trátase de compilar unha gran cantidade de datos e estatísticas culturais e establecer, de maneira estable, un espazo para coñecer as principais magnitudes estatísticas sobre o sector cultural en Galicia.

Deste xeito, pódese coñecer de xeito rápido o seu panorama actual e, a través dos sucesivos informes do Observatorio da Cultura Galega, a súa evolución a curto, medio e longo prazo. A actual e primeira edición que presentamos e que vostede pode consultar neste sitio web recompila datos de 2006. O Anuario é unha ferramenta básica para activistas, creadores, empresarios, investigadores e xestores da cultura galega. (Máis información).

Consulte o informe completo

Descargue o documento aquí (, 2 Mbs)

Acceso por áreas ()

  1. Introdución [descargar]
  2. Patrimonio cultural [descargar]
  3. Bibliotecas [descargar]
  4. Libros e publicacións periódicas [descargar]
  5. Artes visuais e arquitectura [descargar]
  6. Artes escénicas e musicais [descargar]
  7. Audiovisual [descargar]
  8. Cultura científica [descargar]
  9. Empresas culturais [descargar]
  10. Gasto público en cultura [descargar]
  11. Emprego cultural [descargar]
  12. Consumo, prácticas e hábitos culturais [descargar]
  13. Ensinanzas do ámbito cultural [descargar]
  14. Lingua [descargar]
  15. Bibliografía [descargar]