O sistema produtivo da Cultura en Galicia: unha visión económica

O informe analiza por primeira vez en Galicia o impacto económico que teñen no noso pais o conxunto das empresas da Cultura. A máis de mostrar a evolución destas empresas nos últimos anos, o estudo tamén ofrece unha visión detallada da achega á xeración de riqueza e ao emprego das actividades que constitúen este sistema produtivo, a concentración territorial e mailo seu dinamismo. Os sectores estudados neste Informe foron: a creación artística e cultural; a producción de bens e servizos culturais (entre os que se atopan a industria editorial, fotografía, cinematografía e vídeo, radio e televisión); a fabricación de bens culturais; a distribución e as actividades auxiliares. “O sistema produtivo da Cultura en Galicia: unha visión económica” foi elaborado polo Servizo de Información ARDAN en colaboración co Observatorio da Cultura Galega.

Pode consultar o informe aquí.