Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos

O Consello da Cultura inaugurou no Museo do Pobo Galego a exposición “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)”
18/04/2012
Baixa o PUBLICACIóN Un canto e unha luz na Noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)

A exposición itinerante “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), ideada e organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Fundación 10 de Marzo, foi inaugurada esta tarde no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, onde permanecerá ata o vindeiro 13 de maio. A mostra, comisariada por Ricardo Gurriarán, rescata e destaca en vintedous paneis explicativos e nove vitrinas o papel dinamizador e transformador dos axentes e das asociacións culturais en Galicia nos últimos quince anos da ditadura franquista. Arranca en 1961, ano de creación en Compostela da primeira asociación cultural galega “O Galo”. No acto inaugural, ao que asistiron máis de cen persoas, interviron Ricardo Gurriarán; Manuel Caamaño, un dos fundadores da Agrupación Cultural "O Facho" e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, que subliñou a importancia de dar a coñecer o legado "daqueles pioneiros que fixeron un traballo esencial para o que hoxe temos".

Na presentación do libro-catálogo o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, salienta que a mostra “foi ideada para recoller, recoñecer e difundir o traballo das xentes e os colectivos pioneiros do asociacionismo cultural, rescatando ese seu legado da brétema do tempo, activando a memoria e incorporando eses activos a este tempo noso”. E engade: “Para cumprir ese obxectivo terá a mostra carácter itinerante pola Galicia que as entidades asociativas propulsoras da cultura converteron en argumento para o estudo e o coñecemento e en argumento para a reflexión e a transformación da sociedade”.

O comisario da exposición, Ricardo Gurriarán, chama a atención o xeito de traballo das asociacións culturais daquel tempo, que resume nunha metodoloxía integradora e na súa penetración no tecido social. Subliña tamén o feito de que “co seu quefacer tenaz e unha metodoloxía de prudencia moi acaída, malia os numerosos atrancos que impoñía a ditadura, aquelas asociacións culturais dos anos sesenta e setenta e os seus axentes deron os primeiros pasos na construcción dunha cultura nacional ao servizo dunha cidadanía de país, en constante pulso coas instancias do Réxime”.

Gurriarán lembra que a mostra baséase nunha importante recolleita de material, máis de vinte mil documentos escaneados -depositados agora no Consello da Cultura Galega a disposición dos investigadores- e en entrevistas con duas ducias de persoas relacionadas con aquela dinámica asociativa.

Elaborouse asemade un libro-catálogo no que 19 autores analizan outras tantas facetas daquel legado asociativo orientado á defensa e á promoción da lingua e da cultura de Galicia. Figuran aí as contribucións de Antón Snatamarina, Henrique Harguindey, Camilo Nogueira, Xosé Luís Chao, Xosé Carlos Sierra, Lalo Gutiérrez, Manuel Lourenzo, Tino Caamaño, Alfonso Vázquez Monxardín, Antón Costa, Miguel Anxo Seixas, Manuel F. Rodríguez, Euloxio R. Ruibal, Elías Torres, Martinho Montero, Luíos Álvarez Pousa, Xesús Alonso Montero, Xosé María G. Palmeiro, Malores Villanueva e Manolo Caamaño.

A exposición, conformada por 20 paneis explicativos, detalla e ilustra o contexto sociopolítico e cultural, os antecedentes do asociacionismo, o xurdimento asociativo, a organización do traballo, as relacións co exterior e o exilio, o asociacionismo como primeira fase da normalización cultural, “O Galo” (Compostela, 1961), “O Facho” (A Coruña, 1963), a Asociación Cultural de Vigo (1965), o asociacionismo en Pontevedra, Ourense e Lugo, a eclosión asociativa no exterior (1967-1968), a vida asociativa, a lingua, o teatro, o libro, a liturxia, a música, a cinematografía e a plástica, os medios de comunicación e a política. Un accionar polìtico que, pouco despois, se orientaría prioritariamente á dialéctica da conquista da autonomía e a recuperación das liberdades e os dereitos democráticos, nalgunha medida debedores deses e doutros esforzos e contributos anteriores.

A mostra poderá visitarse no Museo do Pobo Galego ata o vindeiro 13 de maio

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
INFORMACIÓN
Lugar de celebración

NOTICIAS RELACIONADAS

O Consello da Cultura inaugurou no Museo do Pobo Galego a exposición “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)”
Santiago de Compostela, 2012-04-18

ÚLTIMAS NOTICIAS

Máis de 200 persoas seguiron en Bonaval o Concerto “Día das Letras Galegas”, música e palabra arredor dos “Cantares Gallegos” rosalianos
Santiago de Compostela, 2013-05-16

O Consello da Cultura inaugurou en Ourense a exposición “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)”
Santiago de Compostela, 2013-05-08

Ramón Villares falou en Munich sobre “O exilio republicano español. Luces e sombras da España Peregrina”
Santiago de Compostela, 2013-05-06

O Consello da Cultura Galega presentou o libro-homenaxe a Roberto Vidal Bolaño co facsímile da peza teatral inédita “Ruada das papas e o unto”
Santiago de Compostela, 2013-05-02

Xornada de debate sobre “Artes Escénicas: situación e perspectivas” con intervencións de Eduardo Alonso e Manuel F. Vieites
Santiago de Compostela, 2013-04-30

A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse o 1 de maio en Arbo
Santiago de Compostela, 2013-04-30

Parlamento, Xunta e Consello da Cultura presentaron no Pazo do Hórreo a edición fascsimilar de "Cantares Galegos" no seu 150 aniversario
Santiago de Compostela, 2013-04-25

Investigación »

ARQUIVO DE COMUNICACIÓN
Estudios de Comunicación

A primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia
Documentación »

ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Vento que zoa

A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira

Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Investigación »

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
LINGUA EN TITULARES

Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG