O Encontro Festlatino 2012 celebrado hoxe no Consello da Cultura Galega, que puido seguirse vía streaming, salientou a importancia estratéxica da proxección internacional das linguas e as culturas peninsulares e, no caso galego, a necesidade dunha maior cooperación interinstitucional e social para actuar nomeadamente no universo da lusofonía. Nas sesións participaron dirixentes de institucións das culturas da península ibérica vinculadas á súa proxección exterior e á promoción do diálogo intercultural (Institutos Camões, Cervantes e Ramón Llull, e o Movimento Festlatino) e persoas de recoñecido prestixio no ámbito cultural e universitario galego. O Festlatino é un movimento cultural que fomenta o diálogo entre as culturas neolatinas de Europa, América, África e Asía.
O Encontro serviu para coñecer as iniciativas de acción exterior do Instituto Camöes (Portugal) da man da súa directora Ana Paula Laborinho; o Instituto Cervantes, que expuxo o seu director académico, Francisco Moreno; o Festlatino, ao cargo de Isabel Pires de Lima, secretaria xeral, e o Institut Ramón Llull (Cataluña), do que falou o seu director Alex Susanna. Todos subliñaron a necesidade dunha acción exterior decidida e sostida nun mundo de identidades concéntricas e a súa importancia para abrir ou complementar outros espazos de cooperación, mesmo no ámbito económico.
O programa completouse con dúas mesas redondas. Na primeira sobre a proxección exterior da literatura e o audiovisual de Galicia, na que o escritor Suso de Toro, a cineasta Margarita Ledo e o editor Manuel Bragado reclamaron unha mellor e máis decidida orientación das políticas públicas. Pola súa parte, Enrique Sáez (Fundación Juana de Vega), Francisco Fernández Rei (Real Academia Galega) e Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, insistiron na idea da utilidade do idioma galego nas relacións internacionais das empresas, particularmente na área luso-brasileira e no mundo universitario. O responsable da política lingüística da Xunta de Galicia aludiu neste senso á cmapaña “O galego, oportunidade de negocio”, que se levará a cabo en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE). No seminario participaron corenta persoas.
O coordinador do Movimento Festlatino, Humberto França, entregou diplomas ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, aos profesores Henrique Monteagudo, Elías Torres Feijóo, Margarita Ledo e Rosario Álvarez e á cantautora Uxía Senlle.
O MOVIMENTO FESTLATINO
O Festlatino é un movemento cultural, literario e educacional que ten como obxectivo fomentar o diálogo cultural entre os países e zonas de linguas e culturas neolatinas de Europa, África, América e Asia. Anualmente celebra un congreso no Recife (Brasil) e seminarios preparatorios en varios países de linguas neolatinas que reúnen persoas relevantes do ámbito da escrita, fi¬loloxía, profesorado, arte, estudantado, diplomacia, xornalismo, xestión e liderado cultural e político e promoción cultural.
O Movimento Festlatino ten como presidente de honra ao Dr. Mário Soares, ex-Presidente da República Portuguesa, e está dirixido por un consello formado por vinte e seis personalidades do mundo da cultura e linguas de doce países. O seu coordinador xeral é Humberto França.
Información sobre o Festlatino no blog: http://festlatino.blogspot.com/
O Instituto Camões e a proxección internacional da cultura e a língua portuguesa
El Instituto Cervantes y su proyección americana
A literatura e o audiovisual galegos e a súa proxección internacional
Laborinho, Ana Paula
Moreno, Francisco
de Toro, Suso
Bragado, Manuel
Ledo Andión, Margarita
Pires de Lima, Isabel
Susanna, Alex
Sáez, Enrique
Fernández Rei, Francisco
García, Valentín
Organización
Consello da Cultura Galega
Movimento Festlatino
Participantes
Manuel Bragado, Suso de Toro, Humberto França, Ana Paula Laborinho, Margarita Ledo Andión, Henrique Monteagudo, Francisco Moreno, Ramón Villares,
Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua
O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas
Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205