Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
O Presidente do Consello da Cultura Galega participa na clausura dun congreso internacional sobre Inés de Castro no mosteiro de Alcobaça
30/03/2012

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, participará mañá 31 de marzo no mosteiro de Alcobaça (Portugal) na sesión de clausura do congreso internacional “Pedro e Inés: o futuro do pasado”, sobre a figura da noble galega Inés de Castro (1325-1355), quen fora reina consorte, de Pedro I de Portugal, a título póstumo. O congreso, iniciado o día 28 en Coimbra e continuado en Montemor o Velho e Alcobaça, acolleu cincuenta relatorios e conmemorou os 650 anos do traslado dos restos de Inés de Castro desde Coimbra ao mosteiro de Alcobaça en 1362. O Consello da Cultura Galega colaborou con diferentes institucións portuguesas na organización do congreso, que xa contara cunha primeira fase en 2005 ao cumprírense os 650 anos da morte da raíña.

Na primeira sesión do congreso participou Ermelindo Portela Silva, catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela co relatorio “Os reinos de Castela e Portugal nos tempos de Inés de Castro”. Onte Eduardo Pardo de Guevara, delegado do CSIC en Galicia e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, falou sobre “A liñaxe de Inés de Castro”, no curso dunha conferencia plenaria moderada por Ermelindo Portela Silva.

O mosteiro de Alcobaça acollerá mañá sábado os derradeiros relatorios, a sesión de clausura, prevista para as 17´30 horas na Sala do Capítulo, e a inauguración das exposicións “Inés Rainha, mostra bibliográfica e iconográfica”, “Relicarios e Inés de Castro, pintura e deseño de Nélia Caixinha” e “7 trajes para Inés, 7 trajes para Pedro”, na Galería de Exposiçôes Temporarias.

Inés de Castro (A Limia, 1325-Coimbra, 1355) era filla de Pedro Fernández de Castro, primeiro señor xurisdiccional de Monforte de Lemos e de Aldonza Lorenzo de Valladares. Foi amante do infante Pedro de Portugal, que sería logo o rei Pedro I (1320-1367), con quen acabou casando. Repudiada pola nobleza portuguesa, cos seus fillos considerados ilexítimos, foi asasinada nun oscuro episodio ao que non sería alleo o seu sogro, o rei Alfonso IV (1290-1356).

A de Inés de Castro e Pedro I foi unha gran historia de amor, motivo de inspiración literaria e musical. En 1362 Pedro I dispuxo o traslado dos restos de Inés ao mosteiro de Alcobaça nunha tumba de mármore branco e coa efixie coroada. Ao seu carón fixo erixir a súa propia supultura.

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
ÚLTIMAS NOTICIAS

O Consello da Cultura Galega utilizará o dominio .gal a partir do 25 de xullo
Santiago de Compostela, 2014-07-22 13:02:00

O Consello da Cultura homenaxeará o Consello de Galiza polo setenta aniversario da súa creación
Santiago de Compostela, 2014-07-18 09:41:11

Galicia é a novena comunidade en gasto público por habitante segundo un informe do Observatorio da Cultura
Santiago de Compostela, 2014-07-15 11:23:11

O Consello da Cultura Galega amosa a exposición Os Adeuses na localidade portuguesa de Fafe
Santiago de Compostela, 2014-07-09 13:39:10

Unha xornada destaca a relevancia que tivo Valle-Inclán no exterior
Santiago de Compostela, 2014-07-08 13:49:22

O Consello da Cultura afonda no Valle-Inclán menos coñecido cun seminario e cunha mostra
Santiago de Compostela, 2014-07-07 13:21:54

O Consello da Cultura destaca a relevancia do Sempre en Galiza polo 70 aniversario da súa publicación
Santiago de Compostela, 2014-07-04 11:39:29

Divulgación »

Gasto público en cultura
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA

Podes consultar e descargar o informe Gasto público en cultura
Divulgación »

Verán cultural en Ons

Diferentes iniciativas culturais teñen como protagonista a Illa nestes últimos meses
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega.

Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes
Divulgación »

Ángel Jorge Echeverri

1904 - 1984. Un continuador da escola de Anatomía de Rodríguez Cadarso

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG