A publicación do Decreto era o último trámite que faltaba para facer efectivo o nomeamento de Ramón Villares á fronte da institución cultural, tal e como figura nos artigos 3.1º a) da Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega, e 13 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 162/2008, do 10 de xullo.
A elección de Ramón Villares tivo lugar no pleno extraordinario da institución celebrado o pasado 22 de maio de 2014, onde obtivo 22 votos a favor e un en branco. Ademais, o 20 de xuño compareceu no Parlamento de Galicia onde fixo un balance da actuación desenvolvida polo CCG desde o ano 2006. as liñas de actuación do que será o seu último mandato (2014-2018)