----

O Consello da Cultura Galega exhibe en Sâo Paulo a exposición “Valentín Paz-Andrade, unha antena galega no Brasil”

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, inaguurou na Casa Guilherme de Almeida, en Sâo Paulo (Brasil) a exposición “Valentín Paz-Andrade, unha antena galega no Brasil”, en colaboración co Governo do Estado de Sao Paulo e a Secretaría de Cultura paulista. A mostra poderá contemplarse ata o 30 de decembro.
O Consello da Cultura Galega exhibe en Sâo Paulo a exposición “Valentín Paz-Andrade, unha antena galega no Brasil”

A exposición repasa a actividade de Valentín Paz-Andrade (1898-1987), avogado, xornalista, especialista en economía pesqueira, poeta, ensaísta e político activo no compromiso democrático, republicano e galeguista. Figura sobranceira da Galicia do século XX, á quen este ano se lle dedicou o “Día das Letras Galegas”, foi tamén dos primeiros en tender pontes coa lusofonía, e nomeadamente co Brasil, reivindicando a Guimaràes Rosa e Guilherme de Almeida como autores que valorizan a literatura galega.

Sobre os contidos da exposición, a biografía de Valentín Paz-Andrade e as relacións entre Galicia e Brasil falou despois na Casa Guilherme de Almeida o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, quen describiu ao autor de “Galicia como tarea” como “persoa de reflexión pero tamén de acción, unha figura singular no panorama da cultura e da política galegas do século XX, autor dunha inxente e innovadora obra”.