Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos

Unha xornada sobre Celso Emilio e a emigración galega salienta a necesidade de revitalizar en pé de igualdade as relacións coa "terceira xeración".
24/05/2012
Baixa o PROGRAMA Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega

A xornada “¿Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración Galega” puxo sobre a mesa a necesidade de dinamizar as relacións coa terceira xeración dos emigrantes, nomeadamente en América e darlle un novo impulso á proxección de Galicia. A sesión, organizada polo Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, e coordinada polo profesor Xosé Manoel Núñez Seixas, revisou tamén diferentes aspectos da biografía persoal e literaria de Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) e a súa desemellante relación co mundo da emigración en Venezuela, onde en 1968 publicara “Viaxe ao país dos ananos”, logo de ser expulsado da Hermandad Gallega.

Sobre a necesidade de tender novas pontes coa terceira xeración dos emigrantes galegos en América argumentaron a xornalista e escritora, exdelegada da Xunta de Galicia en Bos Aires, María Xosé Porteiro, e o escritor e emigrante Xosé Neira Vilas, nunha mesa redonda que contou tamén coas contribucións do xornalista Anxo Lugilde e de Ildefonso de la Campa, da Secretaría Xeral de Emigración, moderados por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.

María Xosé Porteiro apostou por “tecer novos vencellos tendo en conta a existencia dos fíos” e abrir unha cooperación en pé de igualdade “con xentes que contínuamente miran cara a nós". Aludiu ao polémico libro de Celso Emilio Ferreiro como “un desafogo do poeta” e reclamou unha particular atención para o papel das mulleres emigrantes. “Falamos de xigantes ou ananos, pero as mulleres non entran nesas categorías pola súa invisibilidade”.

Xosé Neira Vilas referiuse asemade á necesidade de atender á xente nova da emigración galega, contribuíndo a satisfacer a súa curiosidade e o seu interese por todo o referido á “patria anterior”. Sobre Celso Emilio “un gran poeta” dixo que tiña algo de “inadaptado” e lembrou que hai xigantes e ananos a un lado e outro do Atlántico. “Non se lles podía pedir moito máis aos emigrantes, pero os feitos falan con claridade da súa preocupación pola mellora da situación de Galicia”.

Esa realidade social da emigración conforma tamén a realidade de Galicia, na expresión de Ildefonso de la Campa, da Secretaría Xeral de Emigración. ¿Xigantes oun ananos? “Son galegos”, dixo para referirse logo á reunión do Consello de Comunidades Galegas os días 28 e 29 de xuño en Compostela co obxecto de tomar o pulso á cidadanía galega no exterior.

Pola súa parte, o xornalista Anxo Lugilde falou dos dous discursos, positivo e negativo, sobre a emigración na obra de Celso Emilio e do derrubamento da súa idealización da emigración, do que pensara como "falso mito da Galicia ideal". “Os emigrantes son xigantes, ainda que entre eles hai ananos”, dixo.

A mesa redonda cerrou esta tarde unha xornada, que durante a mañá coñeceu os relatorios “Celso Emilio: unha biografía político-intelectual” (Ramón Niicolás), “A inmigración galega en Venezuela en tempos de Celso Emilio” (Raul Soutelo Vázquez), e “Revisando os ananos: a interpretación da emigración galega en Celso Emilio Ferreiro” (Xosé Manoel Núñez Seixas).

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
INFORMACIÓN
Coordinación
Núñez Seixas, Xosé Manuel
Participante
Nicolás, Ramón
Soutelo Vázquez, Raúl
Núñez Seixas, Xosé Manuel
Villares, Ramón
Neira Vilas, Xosé
Rodríguez, Román
Lugilde, Anxo
Porteiro, María Xosé
Organización
Arquivo da Emigración Galega
Lugar de celebración
Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro s/n 15705 Santiago de Compostela Tel. 981 957 202 - Fax 981 957 205

NOTICIAS RELACIONADAS

Unha xornada sobre Celso Emilio e a emigración galega salienta a necesidade de revitalizar en pé de igualdade as relacións coa "terceira xeración".
Santiago de Compostela, 2012-05-24

ÚLTIMAS NOTICIAS

Máis de 200 persoas seguiron en Bonaval o Concerto “Día das Letras Galegas”, música e palabra arredor dos “Cantares Gallegos” rosalianos
Santiago de Compostela, 2013-05-16

O Consello da Cultura inaugurou en Ourense a exposición “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)”
Santiago de Compostela, 2013-05-08

Ramón Villares falou en Munich sobre “O exilio republicano español. Luces e sombras da España Peregrina”
Santiago de Compostela, 2013-05-06

O Consello da Cultura Galega presentou o libro-homenaxe a Roberto Vidal Bolaño co facsímile da peza teatral inédita “Ruada das papas e o unto”
Santiago de Compostela, 2013-05-02

Xornada de debate sobre “Artes Escénicas: situación e perspectivas” con intervencións de Eduardo Alonso e Manuel F. Vieites
Santiago de Compostela, 2013-04-30

A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse o 1 de maio en Arbo
Santiago de Compostela, 2013-04-30

Parlamento, Xunta e Consello da Cultura presentaron no Pazo do Hórreo a edición fascsimilar de "Cantares Galegos" no seu 150 aniversario
Santiago de Compostela, 2013-04-25

Investigación »

ARQUIVO DE COMUNICACIÓN
Estudios de Comunicación

A primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia
Documentación »

ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Vento que zoa

A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira

Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Investigación »

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
LINGUA EN TITULARES

Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG