Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos

Setecentas persoas en Pontevedra no II Concerto "Día das Letras Galegas" organizado polo Consello da Cultura coa Real Filharmonía de Galicia, a Polifónica e o Coro "M. Quiroga"
16/05/2012
Baixa o CONVITE Baixa o PROGRAMA

Setecentas persoas asistiron ao II Concerto "Día das Letras Galegas" organziado polo Consello da Cultura Galega no Pazo da Cultura de Pontevedra. Foi o mércores 16 de maio ás 21 horas, con entrada libre e gratuíta, e contou coa Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave e acompañada pola Sociedade Coral Polifónica e o Coro Académico do Conservatorio Profesional “Manuel Quiroga” de Pontevedra. Na sesión estreáronse as obras “Cantata das cantigas”, de Roxelio Groba, e “Caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade”, de Juan Durán. Entre outras autoridades asistiron o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera; o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o Director Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

Máis de cen cantores e corenta músicos ocuparon o escenario do Pazo da Cultura de Pontevedra nun concerto que homenaxeou a lírica e a música galegas. O programa ofreceu dúas “Cancións xacobeas” (“Maria Soliña” e “Moi lonxe”) compostas por Antón García Abril sobre poemas de Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979).

Seguiralle o “Caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade. Esta partitura, que incluiu o recitado polo actor Xosé Barato, foi composta, a pedimento do Consello da Cultura Galega, expresamente para este concerto por Juan Durán en homenaxe a Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987), figura senlleira escollida este ano pola Real Academia Galega para a celebración do Día das Letras Galegas.

E finalmente a “Cantata das cantigas” creada por Roxelio Groba en 2007, partindo de poemas populares do libro “Antífona da cantiga”, de Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959).

O Plenario do Consello da Cultura Galega decidiu en 2011 organizar anualmente un concerto conmemorativo do Día das Letras Galegas. O primeiro tivo lugar o 17 de maio dese ano e celebrouse na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Nesta segunda edición a primeira institución cultural de Galicia conta coa especial colaboración do Concello de Pontevedra e do Consorcio de Santiago de Compostela.

O concerto fora presentado o venres 11 de maio nunha conferencia de prensa polo Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o director da orquestra Maximino Zumalave. O Alcalde Lores agradeceu a oportunidade de Pontevedra acoller a segunda edición deste concerto. Villares lembrou a feliz coincidencia de ser a cidade o lugar natal de Valentín Paz Andrade e contar cunha destacada traxectoria musical e coral. Maximino Zumalave aludiu á importante significación da música na vida social e cultural dos pobos.

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
INFORMACIÓN
Lugar de celebración
Lugar Pazo da Cultura Pontevedra Día 16 de maio de 2012 Hora 21.00 h.

NOTICIAS RELACIONADAS

Setecentas persoas en Pontevedra no II Concerto "Día das Letras Galegas" organizado polo Consello da Cultura coa Real Filharmonía de Galicia, a Polifónica e o Coro "M. Quiroga"
Santiago de Compostela, 2012-05-16

Presentado en Pontevedra o Concerto “Día das Letras Galegas”, organizado polo Consello da Cultura Galega coa Real Filharmonía de Galicia
Santiago de Compostela, 2012-05-11

ÚLTIMAS NOTICIAS

Máis de 200 persoas seguiron en Bonaval o Concerto “Día das Letras Galegas”, música e palabra arredor dos “Cantares Gallegos” rosalianos
Santiago de Compostela, 2013-05-16

O Consello da Cultura inaugurou en Ourense a exposición “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)”
Santiago de Compostela, 2013-05-08

Ramón Villares falou en Munich sobre “O exilio republicano español. Luces e sombras da España Peregrina”
Santiago de Compostela, 2013-05-06

O Consello da Cultura Galega presentou o libro-homenaxe a Roberto Vidal Bolaño co facsímile da peza teatral inédita “Ruada das papas e o unto”
Santiago de Compostela, 2013-05-02

Xornada de debate sobre “Artes Escénicas: situación e perspectivas” con intervencións de Eduardo Alonso e Manuel F. Vieites
Santiago de Compostela, 2013-04-30

A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse o 1 de maio en Arbo
Santiago de Compostela, 2013-04-30

Parlamento, Xunta e Consello da Cultura presentaron no Pazo do Hórreo a edición fascsimilar de "Cantares Galegos" no seu 150 aniversario
Santiago de Compostela, 2013-04-25

Investigación »

ARQUIVO DE COMUNICACIÓN
Estudios de Comunicación

A primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia
Documentación »

ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Vento que zoa

A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira

Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Investigación »

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
LINGUA EN TITULARES

Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG