Mediateca

A colección editorial e audiovisual do CCG

A lexicografía galega moderna

A lexicografía é, nos estudos lingüísticos do galego, unha liña de atención preferente e incesante desenvolvemento. Neste volume reúnense 19 contribucións resultantes do convite feito polo Instituto da Lingua Galega a distintos investigadores co fin de facer unha instantánea do estado actual desta disciplina en Galicia e, a partir dela, planificar o traballo da súa sección de lexicografía para os
próximos anos.

Ernesto González Seoane, Antón Santamarina e Xavier Varela Barreiro, editores
ISBN: 978-84-96530-85-0
Edición: Consello da Cultura Galega e Instituto da Lingua Galega
A pretensión dos galegos para o século XXI é ter por fin obras, e en concreto un dicionario histórico, que cumpra eses estándares e que se acabe antes de que se cumpra o primeiro cuarteirón do século. Antón Santamarina

Últimas publicacións

Libros

Xénero e documentación

A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propuxo que esta institución promovese a creación de espazos e tempos de aproximación ao tratamento da información desde perspectivas de xénero e /ou feministas. A celebración das xornadas Xénero e Documentación os día 21 e 22 de xuño de 2007 supuxo un primeiro paso.

Libros

Perspectivas sobre a oralidade

Este volume reúne dezaseis artigos orixinais sobre diferentes aspectos da lingua e da comunicación oral, encargados expresamente a especialistas neste campo. Análise do discurso oral, a función estética da lingua oral, variación da lingua falada, a lingua oral nos medios de comunicación, a adquisición da lingua e aprendizaxe da expresión oral, o uso da voz na comunicación e uso de recursos non verbais, tecnoloxías da fala e a elaboración e etiquetaxe de córpora orais son algúns dos aspectos que se tratan.



Nube de Temáticas





  • Formatos

  • Ano de publicación