Transcrición do orixinal inédito de José Casal sobre xogos populares e divertimentos que conserva o Museo de Pontevedra.
É, pois, José Casal, o pioneiro na recolleita de xogos e divertimentos en Galicia. E faino na súa cidade natal, Pontevedra, o que nos permite coñecer a maneira de vida da poboación infantil, que en pouco difería da das outras cidades galegas. Xosé Fuentes Alende
Publicación editada polo Consello da Cultura Galega en homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez, autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 2008.
Tradución ao inglés e ao francés do catálogo da exposición Nós mesmos, que resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba.