Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)

Exposición. Valle-Inclán traducido

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)

No Centro Cultural San Martín (Arxentina), do 26 de abril ao 8 de maio de 2016
Bos Aires
Exposición
Valle-Inclán traducido

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)

No Centro Cultural San Martín (Arxentina), do 26 de abril ao 8 de maio de 2016 Bos Aires

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936] é un proxecto expositivo pero tamén un balance do «estado da arte» dos estudos valleinclanianos, feito por estudosos actuais da súa obra. Mostra e catálogo permiten ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán. Así como os nosos grandes devanceiros inflúen en nós, tamén a nosa ollada, segundo un coñecido ensaio de T. S. Eliot, pode mudar a propia imaxe dos que nos precederon. E este é un caso ben acaído para entender a complexidade dun autor como Valle-Inclán, tan intemporal como sometido ao imperio da súa época e, neste caso, da «materia de Galicia», que foi alforxa onde atopou a maioría dos seus dardos literarios.


Esta mostra axuda a difundir un trazo pouco atendido da obra deste autor, que é a súa internacionalización. Xurdiu como colofón a un seminario que se organizou no Consello da Cultura Galega e do que pode ter aquí toda a información.


Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, estará presente na inauguración.

LUGAR

LUGAR
Centro Cultural San Martín
Sarmiento, 1551 
Caba - Bos Aires
Arxentina

Ficha técnica 
Exposición.
Valle-Inclán traducido
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
Cando
No Centro Cultural San Martín (Arxentina), do 26 de abril ao 8 de maio de 2016
Onde
Bos Aires
Enderezo

LUGAR
Centro Cultural San Martín
Sarmiento, 1551 
Caba - Bos Aires
Arxentina

Inauguración
Ramón Villares
Organiza
Consello da Cultura Galega
Universidade de Santiago de Compostela
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)