Elena Colmeiro

Xornada. De pioneiras e andainas

Elena Colmeiro

Espazos da materia

Xoves, 30 de outubro de 2014
Santiago de Compostela
Xornada
De pioneiras e andainas

Elena Colmeiro

Espazos da materia

Xoves, 30 de outubro de 2014 Santiago de Compostela

Esta xornada, dedicada á escultora Elena Colmeiro (Silleda, Pontevedra, 1932), preséntase como unha relectura a unha obra chea de liberdade creativa, fóra de modas e modismos, pero integrada dentro do eido da escultura actual e que achega un estilo propio á realidade da historia da escultura galega contemporánea.


Este encontro adquire unha especial importancia na vontade de revisar o pasado recente da arte contemporánea galega, coa intención de confeccionar un novo relato, de perspectiva actual, acerca desta artista que transcende a escultura para converterse en creadora global: tenaz, intuitiva e incansable procuradora de significados.


Así mesmo, outras voces da plástica e da visualidade artística en Galicia formularán distintas olladas sobre as prácticas artísticas creativas e interpretativas. Un encontro para achegarse á súa interesante xeografía vital e profesional desde a súa propia voz xunto ás de outras artistas e profesionais, co principal obxectivo de falar sobre a práctica artística, sobre os discursos e as narrativas debuxadas polas mulleres nas artes visuais, convincentes e resistentes na práctica actual. Diso trata precisamente a obra de Colmeiro, de empregar vivencias, pulsións e experiencias para medir o inquietante que pode ofrecer o material, dándolle forma, rompéndoo ou modelándoo, unindo realidade e ficción até presentar espazos da súa propia materia.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta no sitio web www.consellodacultura.org
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada. Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Só se garantirá a distribución de material divulgativo impreso ás persoas previamente inscritas na actividade.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro s/n
15705 Santiago de Compostela

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
difusion@consellodacultura.org
Consulta os materiais en http://consellodacultura.org/mediateca