A difusión internacional da figura de Ramón María del Valle-Inclán no seu tempo

Seminario.

A difusión internacional da figura de Ramón María del Valle-Inclán no seu tempo

Martes, 8 de xullo de 2014
Santiago de Compostela
Seminario

A difusión internacional da figura de Ramón María del Valle-Inclán no seu tempo

Martes, 8 de xullo de 2014 Santiago de Compostela

Na súa celebrada conferencia “Galicia y Valle-Inclán”, pronunciada na Habana en 1939, Alfonso R. Castelao afirmou que Ramón María del Valle-Inclán é un “fillo do Rexurdimento literario de Galicia”.


Con esta xornada, na que participan estudosos de referencia inescusable, o Consello da Cultura Galega pretende deitar luz sobre o seu legado afondando na dimensión internacional de Valle-Inclán no seu tempo, a través das traducións da súa obra realizadas en vida do autor; así mesmo, estas conferencias serven de preludio á inauguración da exposición Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936]. Confiamos en que ambas as actividades permitirán ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán, un autor tan intemporal coma sometido ao imperio da súa época, e, neste caso, facer presente a “materia de Galicia”, que foi a alforxa onde atopou a maioría dos seus dardos literarios.


A novidade da proposta estriba en presentar unha imaxe inédita do Valle-Inclán escritor e intelectual alén das nosas fronteiras, derivada do coñecemento de nova documentación, en boa parte reunida nos últimos anos polo Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC, que colabora connosco: un corpus que, ademais de ampliar considerablemente a nómina de xestores, tradutores, editores, críticos, revistas ou xornais, incorpora novas traducións das obras valleinclanianas publicadas en vida do escritor, cos correspondentes estudos introdutorios; artigos críticos de recepción da súa figura e obra; o epistolario cruzado con algúns dos axentes responsables do proceso de publicación noutros países e, mesmo, as ilustracións e caricaturas que acompañan os textos.


Un horizonte novo e diverso, que nos coloca perante unha complexa serie de interrogantes: foi Valle-Inclán un escritor recoñecido internacionalmente no seu tempo? E, se así for: Onde obtivo maiores cotas de éxito? En que linguas foi máis lido? Cal foi o seu grao de intervención nese proceso? A que persoas e entidades confiou a súa imaxe internacional? Cales eran os seus proxectos e expectativas? Cal foi a faceta de Valle-Inclán que triunfou neste ámbito internacional, se é que triunfou algunha?


Agardamos que a proposta, que cabe presentar como unha primeira incursión panorámica neste terreo, sexa do interese tanto de especialistas na materia como do público amateur, que poderá así ver alterada a súa imaxe do escritor. Unha imaxe esta, fixa, tradicionalmente asociada ás súas obras máis canónicas / canonizadas (as Sonatas e o esperpento) e a unha iconografía en que impera o retrato dun vello de aspecto venerable, no último percurso da súa vida: o «Gran don Ramón», «eterno», de «mirada mística» e «barba de Santo», do que falara, xa en 1917, Xavier Bóveda.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao Seminario.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Só se garantirá a distribución de material divulgativo impreso ás persoas previamente inscritas na actividade.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
difusion@consellodacultura.org

Ficha técnica 
Seminario.
A difusión internacional da figura de Ramón María del Valle-Inclán no seu tempo
Cando
Martes, 8 de xullo de 2014
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org

Relator/a
Dru Dougherty
Rosario Mascato Rey
Margarita Santos Zas
Javier Serrano Alonso
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Cátedra Valle-Inclan