I congreso internacional Curros Enríquez e o seu tempo

Congreso.

I congreso internacional Curros Enríquez e o seu tempo

Do 13 ao 15 de setembro de 2001
Congreso

I congreso internacional Curros Enríquez e o seu tempo

Do 13 ao 15 de setembro de 2001
O ano 2001 cumpríase o sesquicentenario do nacemento de Manuel Curros Enríquez (1851-1908), unha das coroas do noso Rexurdimento literario. Poeta que deixou fonda pegada na sensibilidade do pobo galego, crítico certeiro e implacable dos males que afectaban á sociedade do seu tempo e un intelectual impulsor da renovación política, social e cultural do noso país, Curros é un dos persoeiros máis senlleiros da nosa historia, continua fonte de inspiración, ata os nosos días, para a Galicia máis auténtica, vivaz e progresiva. Co gallo da dita efeméride e por iniciativa do anterior presidente desta institución, Carlos Casares, o Consello da Cultura Galega promoveu un magno congreso sobre Curros Enríquez e o seu tempo, que se celebrou na vila natal do escritor, Celanova, os días 13 a 15 de setembro daquel ano. Un congreso internacional de importancia e significación comparables a outros dous que anteriormente organizara o Consello arredor de dúas grandes figuras da cultura galega: Rosalía de Castro (1985) e Martín Sarmiento (1995).
Ficha técnica 
Congreso.
I congreso internacional Curros Enríquez e o seu tempo
Cando
Do 13 ao 15 de setembro de 2001