Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade

Foro.

Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade

Do 19 ao 20 de xuño de 2008
Foro

Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade

Do 19 ao 20 de xuño de 2008
O foro de debate, que se celebrou no Consello da Cultura Galega os días 19 e 20 de xuño, analizou a situación actual e as perspectivas do idioma galego nun contexto global. Para isto contou coa participación de 18 expertos de dez universidades europeas. O obxectivo do foro foi ofrecerse como ámbito de análise sobre a situación presente e as perspectivas de futuro do idioma galego, no marco dunha reflexión de horizonte alongado sobre as condicións da sustentabilidade da diversidade lingüística no mundo contemporáneo e dun debate sobre as fórmulas de convivencia nas sociedades plurilingües. Por tanto, a problemática do galego foi considerada, desde unha perspectiva ecolingüística, en varias dimensións: no escenario global da mundialización, no espazo europeo de diversidade lingüística, no marco do multilingüismo español, nas condicións concretas da sociedade galega, e na perspectiva da súa relación especial co ámbito luso-brasileiro.
Ficha técnica 
Foro.
Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade
Cando
Do 19 ao 20 de xuño de 2008