María Xosé Agra Romero

----

María Xosé Agra Romero

1956 Santiago de Compostela
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de María Xosé Agra Romero

1956- Santiago de Compostela
Pensar, escoitar, aprender, ensinar, mudar, enredar. Moitos son os verbos dos que tirar para presentar unha muller de acción como María Xosé Agra, a súa obra e a súa produción nun quefacer diario, incansable.



Unha muller galega, por nacemento e compromiso, que, desde mediados do século pasado, se fai camiñando e participando nos e dos mundos da filosofía política feminista. Abrindo fendas nas “verdades” asumidas polo canon, nas verdades “por natureza”. Ocupando espazos internacionais e intercomunitarios. Comprometida e activa contra o patriarcado, o androcentrismo, o sexismo e toda estrutura que non só exclúe ás mulleres, ao feminino e á feminidade, senón que tamén contribúen a asentar prexuízos e falsas crenzas, con frecuencia inxustas e discriminatorias, dentro e fóra das academias.



Compostelá de nacemento, vida e sentimento, atende e explora a relación da cidadanía e o mundo globalizado. Na procura dunha construción máis xusta e igualitaria da realidade, comprométese na loita sindical, política, académica, feminista, cultural e cotiá. Con feministas militantes percorreu e percorre as rúas do país, sempre que ten ocasión, tecendo redes de cultura e acción.



Xa desde a Escola de Dona Isaura, onde inicia os seus estudos, ata a universidade, onde forma parte da primeira promoción de Filosofía e das andanzas da facultade ata que se xubila por decisión propia, amósase incómoda coas normas e coas formas de goberno e desgoberno. Pula por mover os marcos. Xoga ao fútbol, revoluciona desde o teatro ou en activismos clandestinos de outrora e feminismos contemporáneos. Con este espírito transformador por bandeira, non pode estrañar que chegase á filosofía política e que, sen perder de vista a noción e o valor da xustiza, confronte o esquecemento secular das mulleres e das súas producións, e participe activamente na recuperación de referentes e referencias que lles devolvan o seu lugar.



Foi quen de incluír o feminismo nunha área de coñecemento habitada fundamentalmente por homes e que muda aos poucos, co andar do tempo, así como de incorporar achegas de pensadoras ou debates como o ecofeminismo, a vulnerabilidade, o coidado, a violencia contra as mulleres e as mulleres violentas. Motor de proxectos de investigación en corpo de muller e obxectivos anovadores para a academia, nunca descoidou o ensino medio nin as asociacións de mulleres de base. Grazas á súa capacidade para afondar na filosofía e pensar o presente, incorpora, en Galicia e alén, o pensamento de Rawls, Hobbes, Pateman, Arendt ou Nussbaum, entre outros e outras. É, ademais, unha das pensadoras feministas máis prolíficas á hora de recensionar, sintetizar e, polo tanto, achegar debates que atravesan as últimas catro décadas dos feminismos en movemento, en especial as relacións co marxismo ou co liberalismo ou as alianzas e disentimentos entre feminismos da igualdade e da diferenza.



Alí onde se implica, loita incansablemente pola inclusión das achegas das mulleres e das perspectivas feministas. Isto, no Consello da Cultura Galega, na Facultade de Filosofía e, en xeral, na Universidade de Santiago de Compostela, tradúcese na creación de unidades de xénero, igualdade e feminismos. Sabedora de que o esquecemento é o maior dos silencios e a vitoria do patriarcado, a súa constante teima pola documentación e pola memoria, necesaria para entender e explicar o ordenamento da sociedade e da cultura de forma axustada, lévaa a promover a creación de arquivos e unidades especializadas en igualdade, mulleres e feminismos nos centros da memoria.



Cabe destacar que coordina as primeiras andanzas do CDIF, que a homenaxea nesta cartografía. Un espazo no que se dá conta dunha vida chea de escritos, libros, amigas e amigos, familia, alumnado, soños, premios, recoñecementos e traballo, moito traballo e tamén moita sabedoría. Rigorosidade e compromiso son as dúas palabras que, a modo de marcas topográficas, mellor sintetizan este percorrido que vos convidamos a gozar transitando entre imaxes, artigos, libros, prensa, vídeos ou audios. Indo e vindo como mellor preste.

Publicacións nas que participou María Xosé Agra Romero

Portada de  Galicia 25: unha cultura para un novo século
LIBRO. CATáLOGO

Galicia 25: unha cultura para un novo século

Consello da Cultura Galega 1983-2008
Portada de  Xénero e documentación
LIBRO. ACTAS

Xénero e documentación

Unha ferramenta de achega ao tratamento documental
Portada de  Galicia 25: Unha cultura para un novo século
LIBRO. CATáLOGO

Galicia 25: Unha cultura para un novo século

Consello da Cultura Galega 1983-2008

Materiais de María Xosé Agra Romero

Documento. Artigo

Estudo sobre a biblioteca propia de Emilia Pardo Bazán

Agra Romero, María Xosé; Varela Orol, Concha: «Heredada, comprada, regalada: la biblioteca propia de Emilia Pardo Bazán», Agora: papeles de Filosofía, 43(2) (2024), 1-28.
Documento. Informe

Obra de María Xosé Agra Romero

Documento. Informe

Obra de María Xosé Agra Romero

Documento. Artigo

Recensión da obra Nosotros, sin patria, con introdución e notas de María Xosé Agra Romero. Elaborada por Yolanda Martínez Suárez.

Martínez Suárez, Yolanda (2020): «Hirschmann, Ursula:Nosotros sin patria, Introdución, revisión y notas de María Xosé Agra Romero Edicions Bellaterra, Barcelona, 2019», Agora: papeles de filosofía, Santiago de Compostela, 39, 2 (2020), 247-249.
Documento. Artigo

Luís Villamor entrevista a María Xosé Agra Romero para Tempos Novos.

Villamor, Luís (2019): «María Xosé Agra. Catedrática de Filosofía Moral e Política, experta en teoría crítica feminista», Tempos Novos, 262 (marzo 2019), 18-23.
Documento. Artigo

Emilio Pita Cubeiro entrevista a María Xosé Agra Romero para a revista Lume

Pita Cubeiro, Emilio (2018): «María Xosé Agra», Lume, (23/05/2018).
Documento. Artigo

Recensión realizada por Neus Campillo para a revista Daimon>/cite> sobre a obra de María Xosé Agra Romero, ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad.

Campillo, Neus (2018): «Agra Romero, María Xosé (2016): ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad, Santiago de Compostela: USE Editora», Daimon. Revista internacional de filosofía, 74 (maio-agosto 2018)
Documento. Artigo

Recensión realizada por Tomeu Sales Gelabert para a Revista Andaluza de Antropología sobre a obra de María Xosé Agra Romero, ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad.

Sales Gelabert, Tomeu (2018): «Agra Romero, María Xosé (2016): ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad. Santiago de Compostela: Editorial Universidad de Santiago de Compostela», Revista Andaluza de Antropología, 14 ( marzo 2018), 203-208.
Documento. Artigo

Recensión realizada por Pablo Scotto Benito para a revista Agora sobre a obra de María Xosé Agra Romero, ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad.

Scotto Benito, Pablo (2018): «Agra Romero, María Xosé (2016): ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2016», Agora. Papeis de filosofía, Santiago de Compostela, 36, 2 (2018), 367-372.
Documento. Artigo

Recensión realizada por Alicia Puleo para a revista Estudios filosóficos sobre a obra de María Xosé Agra Romero, ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad.

Puleo, Alicia (2018): «Agra Romero, María Xosé (2016): ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad. Santiago de Compostela, USC, 2016. », Estudios filosóficos, Valladolid, 194 (2018), 196-197.
Documento. Artigo

Recensión realizada por Estro Montaña para Faro de Vigo sobre a obra de María Xosé Agra Romero, ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad.

Montaña, Estro (2017): «Para alén do oikós. Escoitando a Clitemnestra», Faro de Vigo, (27/04/2017).
Documento. Artigo

Recensión da obra ¿Olvidar a Clitemnestra?: sobre justicia e igualdad, realizada por Margarita Boladeras.

Boladeras y Cucurella, Margarita (2017): «¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad, María Xosé Agra Romero, Santiago de Compostela, Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela, 2016», Lectora: revista dones i textualitat, 23 (2017), 173-175.
Documento. Artigo

Entrada de María Xosé Agra Romero na obra enciclopédica Hombres y documentos de la filosofía española, que a pesar do título, tamén inclúe filósofas coma ela.

Díaz Díaz, Gonzalo (2017): «Agra Romero, María Xosé». En Heredia Soriano, Antonio (ed., coord): Hombres y documentos de la filosofía española. VIII-1 Addenda, A-F. Granada, Comares; 19-26
Documento. Artigo

Nova xornalística sobre a presentación de ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad, de María Xosé Agra Romero.

«La USC presenta un ensayo sobre justicia e igualdad», La Voz de Galicia, A Coruña, (23/11/2016).
Documento. Artigo

Faro de Vigo publicita a conferencia de Victoria Camps no Club Faro de Vigo. María Xosé Agra Romero é a encargada de presentala

«Los problemas de la ética (desde Sócrates hasta hoy) », Faro de Vigo, (05/03/2013)
Documento. Artigo

Recensión elaborada por Ana Lucía Insna sobre a obra coordinada por María Xosé Agra Romero Corpo de muller. Discurso, poder, cultura.

Insna Sar, Ana Lucía (2013): « María Xosé Agra Romero Corpo de muller. Discurso, poder, cultura, Santiago de Compostela, Laiovento, 1997», Arparkía. Investigació feminista, 9 (2013), 207-209, 173-175.
Documento. Artigo

Artigo de Marcelino Agís Villaverde dedicado á filósofa María Xosé Agra Romero.

Agís Villaverde, Marcelino (2010): «A filosofía en feminino», Galicia Hoxe, (15/04/2010), 4.
Documento. Artigo

Lupe Gómez entrevista a María Xosé Agra Romero para Galicia Hoxe.

Gómez, Lupe (2013): «Perspectiva de transmisión». Galicia hoxe, Santiago de Compostela, (11/03/2010), 6.
Documento. Artigo

Entrevista realizada por Elvira Fente a María Xosé Agra Romero

Fente, Elvira (2010): «María Xosé Agra». En Fente, Elvira: Parir a liberdade. O movemento feminista en Galicia. Santiago de Compostela. Alvarellos, 2010; 371-390
Documento. Artigo

María Xosé Agra Romero é unha das autoras citadas por Juan Tallón nun artigo dedicado ao impacto do crime nas comunidades veciñais.

Tallón, Juan (2009): «Los asesinos, esas ‘bellísimas personas’», La Región, Ourense, (25/08/2009), 59.
Documento. Entrevista

Concha Pino entrevista a María Xosé Agra Romero para La Voz de Galicia.

Pino, Concha (2009): «Compostelanos en su rincón. María Xosé Agra», La Voz de Galicia, A Coruña, (09/05/2009), L8.
Documento. Entrevista

Belén Puñal entrevista a María Xosé Agra Romero para Tempos Novos.

Puñal, Belén (2009): «María Xosé Agra. Catedrática de Filosofía Moral e Política», Tempos Novos, 140 (xaneiro 2009), 24-28.
Documento. Artigo

Crónica de María Otero sobre a homenaxe a oito investigadoras organizada polo Concello de Santiago en torno á celebración do 8 de marzo de 2008. María Xosé Agra Romero é unha das homenaxeadas .

Otero, María (2008): «El Concello homenajea a la mujer a través de ocho investigadoras», La Voz de Galicia, A Coruña, (13/03/2008), L7.
Documento. Artigo

Artigo de Lara Rozados no que María Xosé Agra e Carme Adán falan de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir.

Rozados Lorenzo, Lara (2008): «8 de marzo, cando o segundo sexo se converte en primeiro», A Nosa Terra, Vigo, (6-12 de marzo de 2008), 4-5.
Documento. Artigo

«Señores da terra e fillas do mar: o feminismo de Rosalía de Castro»

Fragmento do artigo de María Xosé Agra Romero «O pensamento feminista en Galicia», en Dicionario do pensamento galego. Edicións Xerais e Consello da Cultura Galega, 2008.
Documento. Artigo

María Xosé Agra Romero é unha das 50 Investigadoras galegas homenaxeadas na obra homónima promovida polo Grupo Correo Gallego no ano 2007.

Casal, Iolanda (2007): «María Xosé Agra Romero». En Casal, Iolanda: Investigadoras galegas. Santiago de Compostela: Grupo Correo Gallego; 10-11.
Documento. Artigo

María Xosé Agra Romero é unha das Mulleres decisivas homenaxeadas na obra con ese título promovida pola Fundación Galiza Sempre no ano 2005.

González, Sandra (coord.) (2005): «María Xosé Agra Romero». En González, Sandra (coord.): Mulleres decisivas. Santiago de Compostela: Fundación Galiza Sempre; 101-103.
Documento. Artigo

Artigo de Joâo Cardoso Rosas da Universidade do Minho no que se destaca a influencia dos traballos de María Xosé Agra Romero na recepción de Rawls no contexto da filosofía política nos estados español e portugués.

Cardoso Rosas, Joâo (2002): «Rawls in Portugal and Spain», European Journal of Political Theory, Charlottesville: University of Virginia, 33 (2002), 243-255.
Documento. Artigo

Lorella Cedroni destaca como unha das achegas máis importantes á filosofía política contemporánea, as reflexións de María Xosé Agra Romero sobre o concepto de poder a partir da categoría analítica de xénero.

Cedroni, Lorella (2001): «La filosofia politica in Spagna». En Filosofia e Questione Pubbliche. Italia: LLuis Edizioni, 6, 2 (2001), 25-36.
Documento. Artigo

A Gran Enciclopedia Galega engade unha entrada dedicada a María Xosé Agra nun dos apéndices publicados no ano 2000.

Adán Villamarín, Carme (2000): «Agra Romero, María Xosé». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso; 33:7-8.
Documento. Artigo

María Xosé Agra fai parte da candidatura ao Concello de Santiago de Compostela presentada polo BNG nas eleccións municipais.

«El BNG dice que defenderá en todas las instancias las inversiones para Santiago», La Voz de Galicia, A Coruña, (07/05/1999), 46.
Documento. Recensión

Reseña de Jorge Álvarez Yagüez sobre a obra colectiva na que participa María Xosé Agra Romero En torno a la justicia: las aportaciones de Aristóteles, el pensamiento español del XVI, J.S. Mill, la fenomenología y Rawls.

ÁLVAREZ YAGÜEZ, Jorge (1999): «Agra Romero, María Xosé; García Souto, Luis; Fernández Herrero, Beatriz; Caruncho Michinel, Cristina; Pintos Peñaranda, María Luz (coor.): En torno a la justicia: las aportaciones de Aristóteles, el pensamiento español del XVI, J.S. Mill, la fenomenología y Rawls, A Coruña: Eris», Daimon. Revista de filosofía, 18 (1999), 177-178
Documento. Recensión

Artigo de Jorge Álvarez sobre a obra coral En torno a la justicia: las aportaciones de Aristóteles, el pensamiento español del XVI, J.S. Mill, la fenomenología y Rawls, coordinada por María Xosé Agra entre outros e outras.

Álvarez Yágüez, Jorge (1999): «Agra Romero, María Xosé; García Soto, Luis; Fernández Herrero, Beatriz; Caruncho Michinel, Cristina; Pintos Peñaranda, María Luz (coor.): En torno a la justicia: las aportaciones de Aristóteles, el pensamiento español del XVI, J.S. Mill, la fenomenología y Rawls, Eris, 1999, 322p.». Olisbos. Revista de filosofía, 18 (1999), 177-195)
Documento. Recensión

Recensión elaborada por A.M. Marins sobre a obra coordinada por María Xosé Agra Romero, Corpo de muller, discurso. Poder. Cultura.

MARINS, A.M. (1998): « Agra Romero, Mª Xosé (coord.). Corpo de muller, discurso. Poder. Cultura. Laiovento, Santiago de Compostela, 1997», Revista filosófica de Coimbra, n.12 (1998), p. 465-467.
Documento. Recensión

Recensión elaborada por Celia Amorós sobre a obra coordinada por María Xosé Agra Romero, Corpo de muller, discurso. Poder. Cultura.

Amorós, Celia (1998): «M.ª Xosé Agra Romero (coord.). Corpo de muller, discurso. Poder. Cultura. Laiovento, Santiago de Compostela, 1997», A Trabe de ouro. Publicación galega de pensamento críitico, 4 (1998), 97-112.
Documento. Recensión

Neste artigo de Enrique Bonete Perales sobre a ética en España, a obra de María Xosé Agra Romero, ocupa un importante lugar.

BONETE PERALES, Enrique (1988): «La ética en la España contemporánea (1975-1985)», Actas del V Seminario de historia de la filosofía española, Salamanca.
Documento. Artigo

Artigo no que Jesús Ignacio Martínez García, da conta do lugar ocupado polos traballos de María Xosé Agra Romero na repercusión da obra de Rawls no conxunto do Estado español.

MARTÍNEZ GARCIA, Jesús Ignacio (1986): «La recepción de Rawls en España», Anuario de filosofía del derecho, Madrid, Instituto Nacional de Estudios Jurídicos.
Documento. Recensión

Recensión elaborada por Esperanza Guisán sobre a obra de María Xosé Agra Romero, J. Rawls: el sentido de la justicia en una sociedad democrática.

GUISÁN, Esperanza. (1985): «AGRA, M.J.: J. Rawls: el sentido de la justicia en una sociedad democrática», Anthropos. revista de información y documentación, n.49 (1985).
Documento. Noticia

Nova de prensa na que se da conta do partido de fútbol feminino celebrado na Residencia de Estudantes entre o equipo do Instituto da Estrada e o Rosalía de Castro de Santiago de Compostela no que xoga María Xosé Agra Romero.

«Fútbol femenino en la Residencia de Estudiantes. El Instituto de Santiago venció al de la Estrada (2-0)», El Correo Gallego, Santiago de Compostela (1971?).

María Xosé Agra Romero nas actividades do CCG

Ecofeminismos

KARL MARX. 1818/2018

Inauguración: A nai navegante

Presentación da xornada dedicada a Xohana Torres

Presentación de María Josefa Wonenburger Planells na creación de coñecemento

Presentación e inauguración das Xornadas sobre igualdade

Carmen Muñoz

Zambrano-Dieste: amizade e concorrencias

Rafael Dieste. Da xeometría á filosofía

A biografía epistolar de Rafael Dieste

Presentación

Presentación

Presentación

Ana Abad Carlés. Debate

Ana Abad Carlés: «Escavando túneles: a danza nos albores do século XXI»

Artigos

AGRA ROMERO, M. (9/1989) Hegel e a Ética. Festa da palabra silenciada. (06), 129 .
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
AGRA ROMERO, M. (9/1990) G. W. Leibniz. Filosofía para princesas.. Festa da palabra silenciada. (07), 137 .
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
AGRA ROMERO, M. (12/1992) Sexo y filosofía, de Amelia Valcárcel. Festa da palabra silenciada. (09), 143-144.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
AGRA ROMERO, M. (1994) Familia, amor, xustiza.... Festa da palabra silenciada. (10), 21-24.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
AGRA ROMERO, M. (4/1994) Pensamos, ¿logo existimos? Aportacións e debates na(s) teoría(s) feminista(s). Andaina. 2ª época 1ª xeira (08), 31-35.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións:
AGRA ROMERO, M. (7/1999) ¿Qué é unha muller?: A persistente relevancia de O segundo sexo. Andaina. 2ª época 2ª xeira (23), 34.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións:
AGRA ROMERO, M. (2006) Defensa da muller: Benito Feixóo, Martín Sarmiento, Vicente do Seixo. Festa da palabra silenciada. (22), 16-22.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
AGRA ROMERO, M. (9/2006) É de xustiza. In memoriam Susan Moller Okin e Iris Marion Young. Andaina. 2ª época 2ª xeira (45), 9-12.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións:
AGRA ROMERO, M. (2013) Vivir xuntos. Festa da palabra silenciada. (29), 56-61.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: