Carmen Arias López

----

Carmen Arias López

1907 Sarria Bos Aires
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Carmen Arias López

1907- Sarria Bos Aires
A galega que coidou do neno Ernesto Guevara de la Serna. Naceu no ano 1907 na aldea de Bade, parroquia de Vilamaior, no concello de Sarria. Filla de Benigno Arias e de Dolores López, foi a segunda de oito irmáns. Xa de moziña en 1923, emigra cara a Arxentina xunto a unha irmán de seu pai.

Desde a súa chegada a Bos Aires dedicouse ao traballo doméstico. En xullo de 1928 foi contratada polos padres do Che Guevara, Celia de la Serna e Ernesto Guevara Lynch para coidar ao seu primeiro fillo, Ernesto, nome do famoso Comandante da revolución cubana.

O matrimonio Guevara de la Serna casara en 1927 e marcharon a vivir a Puerto Caraguatay, pequena vila da provincia de Misiones ubicada sobre o río Paraná onde o pai do Che explotaba unha plantación de herba mate. Cando Celia de la Serna estaba a punto de dar a luz viaxaron a Rosario e o Che naceu nesa cidade. Máis tarde desplazáronse a Bos Aires e alí contrataron a Carmen, que os acompañou á selva da provincia de Misiones. Permaneceron alí até que o neno tiña dous anos e cando faltaba pouco para o nacemento da súa irmá Celia volveron a Bos Aires, instalándose no barrio de San Isidro.

Carmen acompañou aos Guevara aos distintos lugares nos que viviron buscando un clima máis axeitado para tratar a asma do pequeño Ernesto, é por iso que a familia se trasladou a Alta Gracia, na provincia de Córdoba, onde residiron durante once anos.

A primeiros de 1934 Carmen decide casar cun asturiano, tamén emigrante na Arxentina, Alfredo Gabela polo que o traballo na casa dos Guevara remata pero non así a relación persoal que perduraría toda a vida.

Ao longo da vida do Ché sempre se comunicou con aquela galega que fora como a súa segunda nai. Así, sendo estudiante de Medicina, Ernesto estudaba na casa de Carmen e xantaba de novo as comidas da súa nenez. Según o fillo de Carmen Arias, tamén chamado Alfredo, a relación entre os Guevara e a familia Gabela Arias xogou un papel importante entre os anos 1956 e 1958 cando o Che estaba inmerso na guerrilla cubana contra a ditadura de Batista. O propio Che enviaba cartas escritas en clave ao marido de Carmen, para que llas entregase á súa nai Celia de la Serna.Tras moitos anos reencontráronse en Punta del Este (Uruguai) en 1962. El era un comandante revolucionario e ministro de Industrias que representaba a Cuba nunha Xuntanza da Organización de Estados Americanos. Para ela seguía sendo o mesmo rapaz de sempre.