Este volume reúne dezaseis artigos orixinais sobre diferentes aspectos da lingua e da comunicación oral, encargados expresamente a especialistas neste campo. Análise do discurso oral, a función estética da lingua oral, variación da lingua falada, a lingua oral nos medios de comunicación, a adquisición da lingua e aprendizaxe da expresión oral, o uso da voz na comunicación e uso de recursos non verbais, tecnoloxías da fala e a elaboración e etiquetaxe de córpora orais son algúns dos aspectos que se tratan.
A lexicografía é, nos estudos lingüísticos do galego, unha liña de atención preferente e incesante desenvolvemento. Neste volume reúnense 19 contribucións resultantes do convite feito polo Instituto da Lingua Galega a distintos investigadores co fin de facer unha instantánea do estado actual desta disciplina en Galicia e, a partir dela, planificar o traballo da súa sección de lexicografía para os
próximos anos.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2009, dedicado a Ramón Piñeiro, o Consello da Cultura Galega editou un CD e un cartafol cos que se quere honrar a figura do que foi o primeiro presidente da institución.
O informe analiza a situación lingüística dun dos actores sociais que máis podería ter contribuído á impulsión e consolidación do proceso de normalización lingüística do galego –os medios de comunicación– e que, por diversas causas, continúa a ser practicamente monolingüe na actualidade.
A recuperación dos textos en galego de inicios do século XIX non é unha tarefa nova.
Este informe é o resultado dunha investigación de campo realizada durante os anos 2005-2007 a partir dun convenio de colaboración entre o CCG e o Instituto de Ciencias da Educación da USC.
O foro de debate, que se celebrou no Consello da Cultura Galega os días 19 e 20 de xuño, analizou a situación actual e as perspectivas do idioma galego nun contexto global.
Para que serviu o ano de María Mariño? Remocicaron as Letras nas sombras do Courel e da autoría? Que fica tras os pasos á procura do mundo dos furados? É Noia distinta?
O politólogo arxentino argumentou que as tensións detectadas ao longo do contínuo metáfora/metonimia poden ser vistas como plenamente operativas na estructuración dos espazos políticos e puxo como exemplos a lóxica da folga xeral en Georges Sorel e a estrategia política do Leninismo. Laclau plantexou deste xeito os seus postulados.
O gran contributo de Ánxel Casal á Galicia do século XX estivo no campo da industria cultural, no seu intento de dotar Galicia, coa lingua galega como vehículo de comunicación, dunha estrutura editorial estable.