Transcrición do orixinal inédito de José Casal sobre xogos populares e divertimentos que conserva o Museo de Pontevedra.
Tradución ao inglés e ao francés do catálogo da exposición Nós mesmos, que resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba.
A recuperación dos textos en galego de inicios do século XIX non é unha tarefa nova.
Estas xornadas abordaron dúas temáticas: dunha banda, a relación entre escrita popular, memoria e historia e, doutra banda, a importancia específica das fontes persoais e da escrita popular no estudo da emigración.
Cando se inicia o século XIV, a Igrexa de Lugo xa ten unha densa e longa historia institucional representada pola curia episcopal cos seus diversos oficios e oficiais.
O Consello da Cultura Galega, preocupado por colaborar no estudo das manifestacións do pobo galego ao longo da súa historia, quere celebrar a aparición dos primeiros diarios en Galicia coa súa edición facsimilar.
Nesta obra recóllese unha antoloxía dos textos escritos en galego ao longo de toda a vida de Suárez Picallo.
Nesta publicación da colección “As Nosas Voces”, a voz e a palabra protagonista é a de Ramón Suárez Picallo, unha das figuras máis singuales e orixinais do S. XX galego.
Este catálogo recolle a descrición individualizada de todos os manuscritos que se custodian no Arquivo- Biblioteca da Catedral de Santiago, integrados nunha colección propia.
Neste volume recóllense todas as referencias individualizadas dos documentos, unidades arquivísticas e libros que integran a Colección López-Ferreiro, no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago.