Mediateca

Globalización


Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Vídeos das conferencias

O foro de debate, que se celebrou no Consello da Cultura Galega os días 19 e 20 de xuño, analizou a situación actual e as perspectivas do idioma galego nun contexto global.




Félix Duque, “O neohumanismo da non cidade”

Nesta conferencia Félix Duque falou, ante un auditorio dunhas trinta persoas, sobre “O neohumanismo da non-cidade” e un novo xeito de achegarse ao arquitectónico e ao urbanismo, atacando o “imperio democrático” neoliberalista e disertando sobre a relación entre cidade e pensamento.




Héctor Díaz Polanco, “Tesis sobre diversidad, identidad y globalización”

É na construción de comunidade onde se poden encarar con éxito as ameazas do capital globalizador e abrir o camiño a outro mundo posible. Así se expresou Héctor Díaz-Polanco, profesor-investigador do Centro de Investigaciones y Estudios Superiores en Antropología Social (CIESAS) de México, na súa conferencia.




Anne Marie Thiesse, “La nation moderne”

Anne Marie Thiesse analizou, dentro do ciclo “Os sentidos das culturas”, o proceso da formación das identidades nacionais a finais do século XVIII e a idea de nación como ariete dunha revolución ideolóxica dirixida contra os principios organizadores das sociedades monárquicas . Unha idea apoiada en concepcións de dimensión política e cultural.



 
1