Mediateca

Emigración


Ourselves. The Galician Emigrant Associational Movement/ Associationnisme galicien dans l’émigration

Tradución ao inglés e ao francés do catálogo da exposición Nós mesmos, que resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba.




Memoria escrita, historia e emigración. Vídeos das conferencias

Estas xornadas abordaron dúas temáticas: dunha banda, a relación entre escrita popular, memoria e historia e, doutra banda, a importancia específica das fontes persoais e da escrita popular no estudo da emigración.




Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración

Na case totalidade dos destinos aos que a emigración galega se dirixiu ao longo de máis de dous séculos, tivo lugar a aparición dun asociacionismo étnico sumamente variado.




Almanaque gallego por Manuel Castro López (Volume I: 1898-1902)

Manuel Castro López, lugués trasterrado na Arxentina, xornalista de fuste e de ideoloxía republicana e galeguista, ergueu coa obra deste almanaque un gran monumento á cultura da súa «pequena patria», que era Galicia, desde unha metrópole acolledora e aluvial, que era a cidade de Bos Aires.




Elixio González: reporteiro gráfico da emigración

A escasa tradición audiovisual de Galiza ten, por conta, unha notable especificidade: as películas de correspondencia, un conxunto relativamente amplo de materiais visuais, documentais e reportaxes, relacionados cos procesos migratorios.




Actas do primeiro Congreso da Emigración Galega

O Arquivo da Emigración Galega celebrou do 11 ao 14 de xullo de 2006 o Congreso Internacional Galicia: Éxodos e Retornos. O encontro conmemorou o cincuenta aniversario do I Congreso da Emigración Galega, unha cita histórica que reuniu en 1956 en Bos Aires representacións de diferentes colectividades emigradas e exiliadas dispersas por América, así como destacados intelectuais. Entre os actos de celebración, o Arquivo da Emigración publicou a edición facsimilar que presentamos aquí das actas dese Primeiro Congreso da Emigración Galega.




Catálogo de publicacións periódicas do Arquivo de Emigración (2005)

Este catálogo de publicacións periódicas é un primeiro instrumento de descrición das publicacións conservadas polo Arquivo da Emigración Galega en diferentes soportes (papel, dixitalizadas, microfilmadas, etc.).




Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires

Nun traballo coordinado por Xosé López, Rosa Aneiros e María Antonia Pérez Rodríguez, este volume recupera e analiza os artigos de Lorenzo Varela en sete relevantes revistas literarias de México e Arxentina axuda a trazar a personalidade dun autor ata agora relativamente esquecido entre nós.




Estudios de Comunicación nº 3-4

O terceiro volume desta revista ofrece, entre outros temas, un achegamento en profundidade á formación audiovisual en Galicia e ao xornalismo en América de destacados persoeiros da cultura galega.




Homenaxe a Fernando Iglesias, “Tacholas”

O Arquivo da Emigración Galega, en colaboración co Festival de Cine Independente de Ourense, homenaxeou neste ano 2004 a figura de Fernando Iglesias, “Tacholas”, destacado actor galego que protagonizou un gran número de obras teatrais e películas na Arxentina durante boa parte do século XX. Esta pequena publicación é unha síntese biográfica da personaxe.



 
1