O Consello da Cultura Galega (CCG) culminou o programa de actividades conmemorativas dos seus 25 anos (1983-2008) cun solemne acto presidido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen se referiu ao CCG como “unha institución determinante e central para a cultura do país”.
A Memoria de actividades 2008 do Consello da Cultura Galega sintetiza o traballo da institución ao longo do ano no que celebrou o seu 25 aniversario.
Catálogo da exposición, conformada por 25 módulos ou unidades temáticas, que o Consello da Cultura Galega organizou dentro do programa de actividades que ao longo do ano 2008 levou a cabo para conmemorar os seus primeiros 25 anos.