Xogos populares en Pontevedra

José Casal y Lois; edicion, estudo introdutorio e notas por Xosé Fuentes Alende
ISBN: 978-84-96530-71-3
Edición: Consello da Cultura Galega e Museo de Pontevedra
Temáticas:
É, pois, José Casal, o pioneiro na recolleita de xogos e divertimentos en Galicia. E faino na súa cidade natal, Pontevedra, o que nos permite coñecer a maneira de vida da poboación infantil, que en pouco difería da das outras cidades galegas. Xosé Fuentes Alende

Acceda ao documento

Máis información

Transcrición do orixinal inédito de José Casal sobre xogos populares e divertimentos que conserva o Museo de Pontevedra.

O traballo ve agora a luz precedido dunha introdución de Xosé Fuentes en que se estuda a personalidade e a obra do médico pontevedrés, situándoo no contexto histórico, no que sobresae por ser o primeiro recompilador, nun senso amplo, das prácticas lúdicas en Galicia. Para comprender mellor a importancia da recompilación de José Casal, na transcrición de cada xogo Xosé Fuentes introduce unha serie de notas en que recolle os distintos nomes e as variantes que aparecen en dicionarios e noutros traballos sobre a materia.

Ficha Bibliográfica

Costumbres populares : apuntes acerca de juegos, diversiones, pasatiempos, entretenimientos y juguetes de mujeres y hombres, juveniles y de muchachos / José Casal y Lois ; edición, estudo introdutorio, transcrición e notas por Xosé Fuentes Alende. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega ; Pontevedra : Museo de Pontevedra, 2008. — 248 p. : il. ; 23 cm. — (Colección Base)
D.L. VG 1633-2008. —ISBN 978-84-96530-71-3
1. Xogos populares- Galicia. I. Fuentes Alende, Xosé. II. Consello da Cultura Galega. III. Museo de Pontevedra
 
1