Ocio e hábitos culturais dos galegos

Observatorio da Cultura Galega ISBN 978-84-96530-82-9 Edición: Consello da Cultura Galega
Temáticas:
O 79,8% dos galegos asiste polo menos algunha vez ao ano a algún espectáculo ou evento cultural. A actividade cultural preferida polos galegos é a visita aos museos e exposicións de arte, sendo a asistencia a concertos de música clásica e ópera a menos atractiva (capítulo 1).

Acceda ao documento

Máis información

A través deste informe preténdese dar un paso máis no coñecemento do comportamento cultural dos galegos, das súas preferencias, dos seus costumes e hábitos, a través de cuestións referenciais como a asistencia a espectáculos e eventos culturais, o consumo de medios de comunicación, a lectura ou a práctica deportiva.

Realizado polo Observatorio da Cultura Galega, este estudo é froito da colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Instituto Galego de Estatística co fin de analizar os datos recollidos no módulo específico de ‘Ocio e hábitos culturais 2006’, incluído na Enquisa de condicións de vida das familias, unha macroenquisa anual dirixida aos fogares galegos, co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas.

Ficha Bibliográfica

Ocio e hábitos culturais dos galegos / Observatorio da Cultura Galega. — Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008. — 452 p. ; 28 cm. — (Documentos e Informes ; 9) D.L. C 4754-2008. — ISBN 978-84-96530-82-9 -1. Galicia-Vida cultural-Informes. 2. Galicia-Política cultural. I. Título. II. Serie: Documentos e Informes.
 
1