Territorios innovadores : diagnose dos índices I+D+i en Galicia

Xosé Manuel García Vázquez, Albino Prada Blanco, María A. Quintás Corredoira
ISBN 978-84-96530-77-5
Edición: Consello da Cultura Galega
Temáticas:
Moitas actividades de innovación están fortemente localizadas en clústers de empresas innovadoras, que ás veces cooperan con institucións públicas tales como institutos de investigación e universidades.

Acceda ao documento

Máis información

Actualmente non hai dúbida de que a Investigación, o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (I+D+i) son un dos principais impulsores do crecemento económico duradeiro e sostido. Por este motivo, os gobernos tentan empregar distintas políticas públicas para estimular a innovación (Grupp e Mogee, 2004, 1374). Mais para deseñar estas políticas e maximizar os seus efectos sobre o crecemento económico e o benestar social faise necesario entender o mellor posible estes procesos. Con esta finalidade é fundamental dispor de datos que reflictan con fidelidade os recursos que se empregan nos procesos de innovación, dos axentes que participan neles e dos resultados obtidos (Cotec, 2001, 9). Ademais, como sostén o Instituto Galego de estatística (IGe), estas peticións de información non só veñen do ámbito interno, senón tamén do internacional (IGe, 2005, 3).

O obxectivo deste traballo é analizar os indicadores de I+D+i máis relevantes e identificar cales son as carencias informativas na nosa Comunidade hoxe en día de cara a solucionar estas deficiencias no futuro e poder, daquela, facer unha diagnose máis completa do noso sistema de I+D+i; só así poderemos definir as políticas máis axeitadas ao noso contorno.

Para iso, estruturamos este documento en tres capítulos. No capítulo 1 definimos os conceptos principais no ámbito da I+D+i segundo as propostas da OCDe; posteriormente expoñemos a evolución que presentaron os indicadores empregados para medir eses conceptos e as principais clasificacións utilizadas para agrupalos; seguidamente afondamos nos indicadores máis usados, facendo unha énfase especial nos novos indicadores de síntese.

No capítulo 2 facemos un diagnóstico da situación de Galicia, primeiro cos indicadores parciais e despois cos indicadores de síntese coa información dispoñible. esta análise sitúa a Galicia nunha posición non moi favorable e, ademais, identifica as carencias de información para poder diagnosticar mellor a súa situación. estúdase despois o impacto do sistema innovador, e dos seus principais compoñentes, no modelo de crecemento económico. remata este capítulo cunha serie de recomendacións respecto das políticas que hai que emprender para mellorar o sistema galego de I+D+i.

Por último, no capítulo 3 presentamos as conclusións máis relevantes deste informe, sistematizadas atendendo a cada un dos capítulos en que se estrutura o traballo.

Ficha Bibliográfica

Territorios innovadores : diagnose dos índices I+D+i en Galicia / autores, Xosé Manuel García Vázquez, Albino Prada Blanco, María A. Quintás Corredoira. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2008. — 157 p. ; 28 cm. — (Documentos e informes, D.L. AS-6462-2008 — ISBN 978-84-96530-77-5 1. Investigación científica-Galicia. 2. Innovación tecnolóxica-Galicia. I. Prada Blanco, Albino. II. Quintás Corredoira, María A. III. Consello da Cultura Galega. IV. Documentos e informes.
 
1