Memoria escrita, historia e emigración. Vídeos das conferencias

Xornadas: Memoria escrita, historia e emigración
Gravación: 6, 7 e 8 de novembro de 2008.
Lugar: Salón de Actos do Consello da Cultura Galega
Temáticas:
Pódese atopar unha intersección moi obvia entre o estudio da cultura escrita e o estudio das identidades colectivas Xosé Manuel Núñez Seixas

Acceda ao documento

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Máis información

Estas xornadas abordaron dúas temáticas: dunha banda, a relación entre escrita popular, memoria e historia e, doutra banda, a importancia específica das fontes persoais e da escrita popular no estudo da emigración. Foron coorganizadas polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e mais a Cátedra UNESCO de Historia das Migracións da Universidade de Santiago de Compostela. O encontro pechouse cunha mesa redonda na que se expuseron diversas iniciativas locais de recuperación da memoria popular.

Foi a IV edición dos “Encontros Anuais da Rede de Arquivos e Investigadores da Escrita Popular”, que teñen como obxectivo intercambiar experiencias verbo das múltiples posibilidades de investigación e análise interdisciplinar que ofrece a escrita popular, para o que concorreron participantes procedentes de varios países.

A Rede de Arquivos da Escrita Popular (REAP) coordina e dá visibilidade dende setembro de 2004 aos arquivos, asociacións, coleccionistas e investigadores comprometidos na procura, conservación, estudo e divulgación da memoria escrita da xente común ao longo da Historia. Creada a iniciativa do Seminario Interdisciplinar de Investigaciones sobre la Cultura Escrita da Universidad de Alcalá de Henares, dela fan parte once arquivos de todo o Estado español: o Archivo de la Escritura Popular del Bajo Duero (Zamora), o Arquivo da Emigración Galega (Santiago de Compostela), o Arxiu de la Memòria Popular la Roca del Vallès (Barcelona), o Centro de Investigación Manes (UNED, Madrid), a Fundación 10 de Marzo (Santiago de Compostela), a colección Monreal-Cabrelles (Museu Etnogràfic de València), o Museo Pedagógico de Zamora, os Museos de Terque (Almería), o Museu del Pueblu d’Asturies (Xixón) e mais a Unidad de Estudios Biográficos (Universitat de Barcelona).

DATOS BÁSICOS
Xornadas: Memoria escrita, historia e emigración
Santiago de Compostela, 6, 7 e 8 de novembro de 2008
Materiais: Programa en PDF
Lugar de celebración: Salón de Actos do Consello da Cultura Galega