Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846

Ramón Mariño Paz (edición de textos); X. R. Barreiro Fernández (notas histórico-biográficas); Rosa Aneiros Díaz (coordinadora) ISBN 978-84-96530-70-6 Edición: Consello da Cultura Galega
Temáticas:
Eu non sei falar con retrónicas, porque non andiben na escola dos jasuitas, que, si non son novas de camiño, din que foron moy guapos para os rapaces, que tiraban deles grandes poetas Ramón González Senra

Acceda ao documento

Máis información

A recuperación dos textos en galego de inicios do século XIX non é unha tarefa nova. Diversos traballos dados ao prelo en distintas épocas (moitos dos cales editan ou reeditan escritos daquel período) achegáronse á cuestión da escrita en galego do século XIX previa ao Rexurdimento. A principal contribución do presente estudo é a edición nun volume conxunto de todos os textos achados ata o momento e tamén a vontade de analizar aquel fenómeno desde o punto de vista histórico, xornalístico, lingüístico e literario. O estudo dos textos permitirá aos investigadores tirar conclusións non só sobre a traxectoria dos seus autores senón tamén sobre a súa época, a sociedade galega coetánea, os debates ideolóxicos que se acenderon, a diversidade interna da lingua galega (non só dialectal, senón tamén social e estilística) ou as modalidades da comunicación pública na aurora da Galicia contemporánea.

Ficha Bibliográfica

Papés d’emprenta condenada : a escrita galega entre 1797 e 1846. I / edición de textos, fichas introdutorias e notas de Ramón Mariño Paz ; notas histórico-biográficas de X. R. Barreiro Fernández ; coordinadora da edición, Rosa Aneiros Díaz. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2008. — 654 p. : il. ; 23 cm. — (Colección Base) D.L. C 2956-2008. — ISBN 978-84-96530-70-6 (v.I). ISBN 978-84-96530-69-0 (Obra completa). 1. Prensa-Galicia-S. XVIII-XIX. I. Mariño Paz, Ramón. II. Barreiro Fernández, X.R. III. Aneiros Díaz, Rosa. IV. Consello da Cultura Galega
 
1