Ánxel Casal, un editor para un país

Alfonso Mato (coordinador) ISBN 978-84-96530-47-8 Edición: Consello da Cultura Galega, Seminario de Estudos Galegos
Temáticas:
Ánxel Casal tivo unha vida curta, pero intensa. Asasinado por razóns ideolóxicas apenas pasados os corenta anos, a súa executoria vital deixou un ronsel que mesmo asombra nos tempos de hoxe, nos que dispomos de ferramentas e posibilidades infinitamente superiores ás de hai setenta ou oitenta anos. Ramón Villares

Acceda ao documento

Máis información

O gran contributo de Ánxel Casal á Galicia do século XX estivo no campo da industria cultural, no seu intento de dotar Galicia, coa lingua galega como vehículo de comunicación, dunha estrutura editorial estable. Isto foi así tanto na edición propiamente dita de textos fundamentais para a cultura galega moderna, como na presentación estética desas obras, de acordo coas tendencias máis comúns da edición europea do momento. Neste catálogo móstranse por primeira vez os rexistros bibliográficos e as cubertas de case todas as publicacións que Casal editou e imprimiu, primeiro na editorial Lar, xunto con Leandro Carré Alvarellos, e logo, xa en solitario, na editorial Nós.

Ficha Bibliográfica

Ánxel Casal, un editor para un país : catálogos de Lar e Nós / coordinador, Alfonso Mato. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega : Seminario de Estudos Galegos, 2007. — 316 p. : il. ; 24 cm D.L. C 4413 – 2007 — ISBN 978-84-96530-47-8 1. Casal, Ánxel. 2 Edición-Galicia-S. XX. I. Mato, Alfonso. II. Consello da Cultura Galega. II. Seminario de Estudos Galegos
 
1