Po de estrelas. Novas receitas científicas de ‘Os dados do Reloxeiro’.

Xurxo Mariño Alfonso ISBN: 978-84-96530-49-2 Edición: Consello da Cultura Galega
Temáticas:
Todas as mañás un astro enorme asoma polo horizonte e, grazas ao xiro da Terra, desprázase polo ceo enchendo todo de luz e calor. O Sol, a estrela que está máis preto do noso planeta, é o motor de todas as plantas e animais; sen el a vida na Terra non existiría, cando menos tal e como a coñecemos. Mais… que coñecemos do astro rei? De onde saen a calor e a luz? Por que todos dependemos del? Xurxo Mariño

Acceda ao documento

Máis información

A maioría dos átomos do teu corpo cráronse no corazón das supernovas, as explosións coas que rematan a súa vida moitas estrelas. De ahí vimos todos: somos, literalmente, po de estrelas.

Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo. A ciencia moderna é, ademais, unha ferramenta sólida, útil, gratificante e divertida: achéganos ideas e teorías sorpredentes sobre a natureza dos Cosmos que orixinou a vida no planeta Terra. Este libro é unha invitación para gozar deste espectáculo cotián da man de Xurxo Mariño, coas ilustracións humorísiticas de Santy Gutiérrez e as infografías de Manuela Mariño.

Ficha Bibliográfica

Po de estrelas : novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro / Xurxo Mariño Alfonso ; con ilustracións de Santy Gutiérrez ; e infografías de Manuela Mariño. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade, 2007. — 182 p. : il. ; 23 cm DL 4340-2007. — ISBN 978-84-96530-49-2 1. Ciencia-Obras de divulgación. I. Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade
 
1