Presentamos o Anuario de Estatísticas Culturais 2006
Este anuario pretende ser unha fonte fornecedora de datos para consulta de todas as institucións e axentes vinculados a este, establecéndose como unha publicación de referencia que permitirá (...) elaborar unha diagnose da situación actual do sistema cultural galego e, deste xeito, facilitar a toma de decisións no deseño de políticas culturais específicas e a definición dos ámbitos prioritarios de actuación. Ramón Villares Acceda ao documento
Máis información
O Anuario de Estatísticas Culturais é un proxecto pioneiro no país, que trata de compilar unha gran cantidade de datos e estatísticas sobre o sector cultural en Galicia.
O obxectivo central é fornecer unha base de coñecemento cuantitativo sobre a situación do sector cultural en Galicia, de maneira que permita dispor dun panorama xeral sobre o sector cultural anualmente, coñecer a evolución das principais variables e posibilitar a comparabilidade territorial (especialmente cos datos referidos ao conxunto de España ou de outras comunidades autónomas).
O presente informe vai ser o primeiro dunha serie que disporá de periocidade anual; neste sentido, outro obxectivo implícito é servir como base comparativa para coñecer a evolución da dinámica cultural galega en anos posteriores. Os Anuarios deberán permitir, en certa medida, a análise e seguimento do sistema cultural galego.
O conxunto do Informe está constituído por estatísticas descritivas, así como por indicadores estandarizados que nos permiten ponderar a información estatística e facilitar a súa comparabilidade.
O anuario está organizado en 2 grandes bloques: un recolle as dimensións transversais que se analizan de forma agregada (gasto público en cultura, emprego cultural, educación, etc.); e outro coincide coas áreas dos subsectores culturais (patrimonio, arquivos, artes visuais, etc.).
Ficha Bibliográfica
Compostela : Consello da Cultura Galega,
2008.- 395 p.; 28 cm.-
(Documentos e Informes; 5)
D.L. C 973-2008.- ISBN: 978-84-96530-53-9
I. Galicia-Cultura-Estatísticas. II. Consello da Cultura Galega. III.
Serie: Documentos e Informes.

