O Sorriso de Daniel
Exposición promovida polo Consello da Cultura Galega
O seu fío argumental está encomendado a dúas figuras ben desemellantes,
pero emblemáticas, que veñen a ser unha síntese da mensaxe e
dos obxectivos da exposición. A primeira figura é unha estatua, a do profeta
Daniel que está no Pórtico da Gloria da catedral compostelá, esa
obra cimeira que o mestre Mateo achegou á arte medieval europea, na
que tímpanos e arquivoltas están habitados por santos, profetas e apóstolos,
con “semblantes tan verdadeiros” que Rosalía de Castro ata quixo
maxinalos vivos. Acceda ao documento
Máis información
Galicia, o sorriso de Daniel é unha exposición promovida polo Consello da Cultura Galega, que ten, entre outras misións, a de proxectar cara ao exterior a riqueza e diversidade da cultura galega, en calqueradas súas manifestacións. De acordo con este obxectivo, a exposición foi concibida como unha actividade de divulgación e de espallamento da riqueza cultural de Galicia, dirixida de forma preferente a galegos quemoran fóra de Galicia ou a non galegos que teñan algún interese pola cultura galega.

