Xaquín Lorenzo Xocas

Lorenzo Fernández, Xaquín
Ano de Publicación: 2004
ISBN: 84-95415-83-3
Temáticas:
Somos un pouco afeccionados a falar de Galicia, da casa galega, da etnografía galega, do folclore galego, da historia galega; todo isto está moi ben. Pero detrás diso hai algo, que é o pobo galego. É a xente que fixo todo iso, e iso témolo un pouco esquecido e só cando un se mete a fondo ao estudo destas cousas chega a identificarse con ese pobo, co pobo de Galicia. E entón é cando un lle ve as súas grandes virtudes e os seus defectos, porque tamén os ten. E cando nós nos damos conta de que somos nós. Que temos unha personalidade, mellor ou peor, pero nosa.

Acceda ao documento

Máis información

O Arquivo Sonoro de Galicia realizou unha escolma de documentos sonoros de Xaquín Lorenzo, “Xocas” que percorren o seu pensamento e a súa biografía.

Velaí o testemuño dunha voz imprescindible da cultura galega, Xaquín Lorenzo Fernández Xocas, a quen Antón Fraguas aludira como “o noso mellor especialista na etnografía e no folclore”. A voz do persoeiro, a quen neste ano honramos co gallo do Día das Letras Galegas, trae os mellores ecos da Xeración NÓS e do Seminario de Estudos Galegos. Ecos e compromisos de onte que hoxe necesitamos moi especialmente. O Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo Sonoro de Galicia, súmase á efeméride con esta escolma de voces de Xocas, home de moi diversos rexistros no seu traballo infatigable ao servizo de Galicia. “Sinto que a vida que Deus me deu, deuma para traballar por Galicia”, escribiu. Foi ese o seu obxectivo irrenunciable e ben cumprido e desa tarefa “fala” ben esta nova entrega da primeira institución cultural de Galicia.
Alfonso Zulueta de Haz

Ficha Bibliográfica

Lorenzo Fernández, Xaquín
Xaquín Lorenzo “Xocas” / [coordinación, Rodrigo Romaní ; limiar, Afonso Vázquez-Monxardín
Fernández ; transcrición, Cristina Pujales]. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura
Galega, Arquivo Sonoro de Galicia, 2004.
1 disco (CD) + libro. — (As nosas voves ; 20)
D.L. VG 344-2004. — ISBN 84-95415-83-3
1. Lorenzo Fernández, Xaquín-Entrevistas. I. Romaní, Rodrigo. II. Vázquez-Monxardín
Fernández, Afonso. III. Pujales, Cristina. IV. Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia.
V. Serie
 
1