Coñecer as últimas tendencia da cultura en Internet é o obxectivo desta publicación, na que se reflexiona sobre hábitos de consumo, novos formatos, os futuros proxectos da industria cultural galega ou a influencia da web 2.0 e as redes sociais.
A Comisión Técnica de Xénero elaborou esta liña do tempo como un complemento ao Álbum das mulleres, un compendio multimedia de biografías de mulleres de relevancia na historia do noso país. Esta liña do tempo, en constante actualización, ofrece unha cronoloxía comparada da historia das mulleres en Galicia, o Estado español e o mundo.
O filósofo esloveno Slavoj Zizek, unha das voces máis interesantes da filosofía actual, reflexiona sobre a tolerancia cultural: “¿Por que hai hoxendía tantos conflictos percibidos como problemas de intolerancia, non como problemas de desigualdade, explotación ou inxustiza? ¿Por que o remedio proposto é a tolerancia, non a emancipación, a loita política, mesmo a loita armada?”. Este é o relatorio que Zizek enviou para a súa intervención no Seminario “Os sentidos das culturas”, o venres, 9 de marzo de 2007 no Consello da Cultura Galega.
Galicia, o sorriso de Daniel é unha exposición promovida polo Consello da Cultura Galega, que ten, entre outras misións, a de proxectar cara ao exterior a riqueza e diversidade da cultura galega, en calqueradas súas manifestacións. De acordo con este obxectivo, a exposición foi concibida como unha actividade de divulgación e de espallamento da riqueza cultural de Galicia, dirixida de forma preferente a galegos quemoran fóra de Galicia ou a non galegos que teñan algún interese pola cultura galega.
Esta é a conferencia presentada polo profesor Darío Villanueva, catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada e ex rector da Universidade de Santiago, no Seminario O(s) Sentido(s) da(s) cultura(s) organizado polo Consello da Cultura Galega o 29 de maio de 2007. No texto, Villanueva reflexiona sobre os cambios que as novas tecnoloxías e o seu contexto social asociado inducen na cultura e na nosa percepción desta.
Editado polo Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega, o libro recolle os traballos de Ramón Villares (Presidente do Consello), Xosé Ramón Barreiro Fernández (Presidente da Academia Galega), Manuel Ferreiro, Fernando López-Acuña e Eduardo Pardo de Guevara.
O filósofo catalán debate no ciclo Os sentidos das Culturas as achegas á política, a ciencia e a filosofía da etapa máis fértil do pensamento europeo.
O II Congreso Galego Audiovisual tivo a vontade de se constituír como un foro de referencia para todos os sectores relacionados co audiovisual.
Darío Villanueva, catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada e ex rector da Universidade de Santiago participou no Seminario O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) con esta conferencia o 29 de maio de 2007.
As transformacións experimentadas por Galicia e Portugal nas últimas décadas implican cambios políticos, sociais, económicos e culturais que achegan e ao tempo diferencian a dous países cunha historia que conflúe, como se a fronteira fose un río que avanza e retrocede segundo a estación.