A escasa tradición audiovisual de Galiza ten, por conta, unha notable especificidade: as películas de correspondencia, un conxunto relativamente amplo de materiais visuais, documentais e reportaxes, relacionados cos procesos migratorios.
Sen entrar no asunto concreto de cómo proceder á reforma do actual Estatuto, resulta evidente que se trata dunha iniciativa que cómpre ollar no contexto actual de reforma doutros textos estatutarios de diversas autonomías españolas, que marcan ou irán marcando no futuro as pautas das súas definicións identitarias, niveis competenciais e fórmulas de inserción no Estado das Autonomías.
O Álbum de mulleres é un proxecto da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega en colaboración co portal culturagalega.org.
Este informe trátase dun documento presentado por Xosé López, María del Carmen Pérez Pais e Concepción Varela Orolo para o Consello da Cultura Galega no ano 2006.
O Arquivo da Emigración Galega celebrou do 11 ao 14 de xullo de 2006 o Congreso Internacional Galicia: Éxodos e Retornos. O encontro conmemorou o cincuenta aniversario do I Congreso da Emigración Galega, unha cita histórica que reuniu en 1956 en Bos Aires representacións de diferentes colectividades emigradas e exiliadas dispersas por América, así como destacados intelectuais. Entre os actos de celebración, o Arquivo da Emigración publicou a edición facsimilar que presentamos aquí das actas dese Primeiro Congreso da Emigración Galega.
O amor foi o primeiro tema da literatura escrita en galego, hai xa 900 anos. A través de diferentes xéneros poéticos, formados a partir da vella raigame da tradición oral e dos salóns das cortes aristocráticas, os poetas da lírica galego-portuguesa compuxeron centos de cantigas dedicadas ao máis fecundo dos temas literarios da historia.
Nesta pequena escolma, seleccionada pola catedrática de Filoloxía Románica da USC Mercedes Brea a partir dos Cancioneiros de Ajuda, Vaticana e Lisboa, como naceu o amor na nosa literatura.
Coordinada por Francisco Díaz-Fierros e Plácido Bahamonde, esta publicación recolle as actas das xornadas celebradas baixo o mesmo título os días 7 e 8 de novembro de 2005 en Santiago de Compostela. O encontro reuniu aos sectores implicados para analizar a problemática dos incendios forestais en Galicia e buscar solucións.
Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega e Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, leu o seu discurso de entrada na Real Academia Galega o 24 de novembro de 2006 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. O discurso analiza a obra máis emblemática de Ramón Otero Pedrayo, a novela Arredor de sí na que, en palabras de Villares, se percibe “o rastro da educación sentimental dun autor e mesmo dunha xeración que chantou os piares da cultura moderna en Galicia”.
Inicialmente, a acción cultural local tomou corpo seguindo liñas orientadas aos labores de educación popular. Máis tarde, a sociedade do ocio e do consumo provocou o achegamento de cultura, mediosd e comunicación e novas prácticas sociais. As políticas culturais democráticas esforzáronse por incardinar consumo e educación popular sen renunciar á procura dunha sociedade máis democrática que avanzase na superación das desigualdades fronte á cultura.
As transformacións experimentadas por Galicia e Portugal nas últimas décadas implican cambios políticos, sociais, económicos e culturais que achegan e ao tempo diferencian a dous países cunha historia que conflúe, como se a fronteira fose un río qeu avanza e retrocede segundo a estación. E, como a liña divisoria é un río caudaloso, as marxes son elásticas e a comunicación resulta posible.