Cúmprense, con esta, doce edicións das Xornadas Mar por Medio, seguramente as máis importantes e as que máis lle achegaron cualitativamente á nosa cultura e ao coñecemento que de nós temos hoxe de todas as que se fan pola beira cantábrica de Galicia.
Na implantación da televisión en Galicia hai varios fitos de singular relevancia que fan imposible a selección dunha data única para conmemorar o inicio dunha historia particular do medio no país.
Internet está a cambiar de forma drástica a relación existente entre os cidadáns e a Administración.
Cuarto volume das actas do Congreso Internacional ‘A Lingua Galega: Historia e Actualidade’, organizado polo Instituto da Lingua Galega do 16 ao 20 de setembro de 1996 para conmemorar o 25 aniversario da súa creación. As actas foron editadas por Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina.
Documento que resume os debates deste congreso celebrado nas Pontes e Vilalba o 17 e 18 de 2004. Na web do congreso están publicadas tamén as comunicacións en detalle.
As manifestacións en contra da guerra de Iraq e contra a xestión do Prestige; as alternativas ás políticas neoliberais, a Marcha Mundial das Mulleres… a sociedade civil móvese. E os seus comportamentos foron analizados, expostos e debatidos na XXI edición da Semana Galega de Filosofía que acaba de finalizar en Pontevedra.
Os autores da candidatura común galego-portuguesa para obter a declaración de patrimonio inmaterial da Humanidade por parte da UNESCO resumen neste breve documento as bases da súa posición.
A Xunta Directiva da Asociación Galega de Editores, presidida por Miguel Anxo Fernán-Vello, presentou ao Presidente da Xunta, Manuel Fraga, este breve documento describindo a situación do sector editorial dentro do marco de negociacións da Mesa do Libro.
Unha alianza poderosa: os textos de Xaquín Lorenzo, “Xocas”, poñen palabras aos soños gráficos de Xosé Conde Corbal, ou viceversa. Descarga esta antoloxía de láminas e comentarios etnográficos sobre a relación do home, da cultura, dos sentimentos, co noso Océano editada polo Consello da Cultura Galega.