Mediateca

2003


A prensa periódica en Galicia. Algunhas consideracións

O Arquivo de Comunicación, á vista dos datos dispoñibles en setembro de 2003, puido establecer unha serie de consideracións sobre as publicacións periódicas galegas.




Folleto informativo do Consello da Cultura Galega (2003)

Máis de vinte anos da historia de Galicia configurados pola Autonomía, da man da Constitución e do Estatuto.




A información cultural nos medios de comunicación de Galicia

Baixo o título de “A información cultural nos medios de comunicación en Galicia” presentamos un informe integrado nun proxecto que está a desenvolver a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega.




Os conflictos bélicos no Galicia: a sombra de Abd-El-Krim

Esta comunicación forma parte dun amplo traballo de investigación sobre o Galicia, o xornal de Vigo creado por Valentín Paz Andrade e cunha breve historia que abrangue dende 1922 ata 1926, ano en que deixou de saír ó non aturar os ataques da Dictadura de Primo de Rivera.




Achegas para o mapa das televisións locais en Galicia 2000-2002

O arquivo de medios audiovisuais forma parte dun proxecto global desenvolto polo Arquivo de Comunicación de Galicia, dentro do Consello da Cultura Galega.




As televisións locais en Galicia: cara á profesionalización

Os datos presentados nesta comunicación son froito dunha investigación máis ampla realizada dende o Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega.




Catálogo de Publicacións

O CCG compila nesta publicación 20 anos de producción editorial: materias de referencia para os investigadores, o público xeral ou a xente que toma decisións sobre a nosa cultura.




Catálogo de obras literarias en lingua galega traducidas a outros idiomas. Unha primeira achega

Carlos Casares iniciara, a través da Sección de Cultura Galega no exterior, un proxecto para coñecer que obras escritas orixinalmente en galego foran traducidas a outros idiomas. Aquí preséntase unha primeira achega ao proxecto. Máis de 700 páxinas de referencias de gran interese para os investigadores.




Cambios na normativa oficial do galego

A Real Academia Galega aprobou o 12 de xullo de 2003 diversas modificacións na normativa oficial da lingua galega. Este documento resume os cambios.




Agardando as lagarteiras

Primeira recompilación dos artigos de Rosa Aneiros na sección “Agardando as lagarteiras”. Este libro que poderás descargar de balde inclúe todos os seus escritos desde xuño de 2002 até xullo de 2003. Máis de cen páxinas coas súas opinións literarias ou derivadas das súas lecturas.



 
1