Mediateca

2000


El Catón Compostelano (Ed. Facsímil)

O Consello da Cultura Galega quere celebrar a aparición do xornalismo en Galicia coa reprodución facsimilar do seu primeiro fito: El Catón Compostelano, publicado na sobranceira imprenta compostelá da viúva de Frayz no primeiro de maio de 1800 por Valle-Ynclán.




Obradoiro de redacción

A concepción deste proxecto nace do interese por atende-las preocupacións de tratamento informativo e de redacción e estilo recollidas do colectivo xornalístico, non tanto por buscar conclusións e modelos definitivos como por reflexionar desde a experiencia sobre os presupostos teóricos coñecidos, e establecer un foro de debate lexitimado e competente.




Condicións laborais e actitudes profesionais nos medios de comunicación

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Asociación da Prensa de Santiago de Compostela e coa Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, puxo en marcha un programa de traballo para coñecer mellor a situación en que os xornalistas desenvolven a súa actividade profesional.




Estudios Migratorios Nº 9

Estudios Migratorios é unha publicación de periodicidade semestral editada polo Arquivo da Emigración Galega desde decembro de 1995. O seu obxectivo é servir de punto de encontro e reflexión para os investigadores sobre os movementos migratorios en xeral, e sobre os galegos en particular, acollendo nas súas páxinas diversas investigacións sobre esta temática desde diferentes perspectivas científicas.




Estudios Migratorios Nº 10

Estudios Migratorios é unha publicación de periodicidade semestral editada polo Arquivo da Emigración Galega desde decembro de 1995. O seu obxectivo é servir de punto de encontro e reflexión para os investigadores sobre os movementos migratorios en xeral, e sobre os galegos en particular, acollendo nas súas páxinas diversas investigacións sobre esta temática desde diferentes perspectivas científicas.




Vivir no solo

A Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega elaborou este cómic, con guión de Marilar Aleixandre e asesoramento de Francisco Díaz-Fierros e María Teresa Barral Silva, co obxectivo de explicar a necesidade de protexer o solo galego fronte a unha urbanización agresiva e sen planificar.




Rituais

Nas liñas que anteceden pretendemos amosar uns cantos exemplos de como a fotografía tivo un papel salientable para os estudios antropolóxicos, tanto na súa condición de fotografía-documento interpretado polo etnógrafo como na outra de documento elaborado polo propio estudioso.




Animación Teatral: teorías, experiencias e materiais

Textos sobre a escrita e representación dramática dende unha perspectiva teórica. A publicación está dirixida por Manuel F. Vieites.




A arte nos espacios públicos

A profesora María Luísa Sobrino coordinou este informe sobre as intervencións artísticas nos espazos públicos.




Cultura e Concellos

Actas dos I “Encontros Cultura e Concellos” celebrados no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, o 27 e 28 de novembro de 1998 e coordinados por Xan Bouzada. O libro analiza as estratexias de promoción cultural no ámbito local.



 
1