Mediateca

Informe da Comunicación 2010
O Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo de Comunicación, publica unha nova edición do Informe de Comunicación en que se fai unha radiografía dalgún dos principais aspectos tanto do ámbito empresarial como do campo profesional.  Un grupo de expertos, convidados polos coordinadores do volume para colaborar nesta ocasión, presenta datos das investigacións que realizaron nos últimos anos. O conxunto dos traballos amosa unha visión panorámica na que se achegan datos que nos deben permitir entender mellor a complexidade dun sector básico para a promoción e a difusión da cultura do país como é a comunicación.

Ficha Bibliográfica

A comunicación en Galicia 2010 / coordinadores Xosé López García, Rosa Aneiros Díaz. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2010. — 211 p. ; 21 cm. — (Documentos e informes ; 14) D.L. C 1075-2010. — ISBN 978-84-92923-00-7 1. Medios de comunicación social-Galicia. I. López García, Xosé. II. Aneiros Díaz, Rosa. III. Consello da Cultura Galega.

Xénero e documentación
A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propuxo que esta institución promovese a creación de espazos e tempos de aproximación ao tratamento da información desde perspectivas de xénero e /ou feministas. A celebración das xornadas Xénero e Documentación os día 21 e 22 de xuño de 2007 supuxo un primeiro paso.

Esta publicación, construída a partir dos materiais compliados ao seu abeiro, conforma unha ferramenta de achega e coñecemento a proxectos e propostas desenvolvidos dentro e fóra de Galicia. Preséntase como un mecanismo áxil e adaptable ás necesidades e intereses de usuarias e usuarios deste recurso.

Ficha Bibliográfica

Xénero e documentación. Unha ferramenta de achega ao tratamento documental / coordinación: Mariam Mariño e Carmen Pérez Pais; deseño: Miguel Alonso. — Santiago de Compostela : Comisión de Igualdade. Consello da Cultura Galega,  2009. —  Ed. en CD. ISBN 978-84-96530-91-1. — D.L. C 1533-2009.

Perspectivas sobre a oralidade
Este volume reúne dezaseis artigos orixinais sobre diferentes aspectos da lingua e da comunicación oral, encargados expresamente a especialistas neste campo. Análise do discurso oral, a función estética da lingua oral, variación da lingua falada, a lingua oral nos medios de comunicación, a adquisición da lingua e aprendizaxe da expresión oral, o uso da voz na comunicación e uso de recursos non verbais, tecnoloxías da fala e a elaboración e etiquetaxe de córpora orais son algúns dos aspectos que se tratan.

Estas contribucións mostran o estado da cuestión e as direccións cara ás que se está a encamiñar a investigación, polo que, ademais de representaren unha posta ao día, apuntan tamén os camiños de futuro para os novos investigadores que se achegan ao galego.

Ficha Bibliográfica

Perspectivas sobre a oralidade / Elisa Fernández Rei, Xosé Luís Regueira Fernández (editores). — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega : Instituto da Lingua Galega, 2008. — 350 p.: 22 cm. —(Colección Base. Serie Lingüística ; 7)

DL VG 1649-2008 — ISBN 978-84-96530-86-7

1. Lingua galega-Comunicación oral. I. Fernández Rei, Elisa. II. Regueira Fernández, Xosé Luís. III. Consello da Cultura Galega, ed. IV. Instituto da Lingua Galega, ed.

A lexicografía galega moderna
A lexicografía é, nos estudos lingüísticos do galego, unha liña de atención preferente e incesante desenvolvemento. Neste volume reúnense 19 contribucións resultantes do convite feito polo Instituto da Lingua Galega a distintos investigadores co fin de facer unha instantánea do estado actual desta disciplina en Galicia e, a partir dela, planificar o traballo da súa sección de lexicografía para os

próximos anos.

Pola súa temática, os traballos responden a tres grandes perspectivas: (a) a historiografía e a metodoloxía lexicográficas, (b) os recursos lexicográficos no presente e as súas perspectivas de futuro e (c) a lexicografía académica. A presenza fundamental do galego como obxecto de estudo vese enriquecida con olladas selectas a outras linguas como o portugués, o castelán, o catalán e o italiano.

Ficha Bibliográfica

A lexicografía galega moderna: recursos e perspectivas / Ernesto González Seoane, Antón Santamarina, Xavier Varela Barreiro

(editores).- Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Instituto da Lingua Galega, 2008.- 425 p. ; 22 cm. (Colección Base. Serie Lingüística; 6)

D.L. VG 1648-2008.- ISBN: 978-84-96530-85-0

1. Lingua Galega-Lexicografía. I. González Seoane, Ernesto. II. Santamarina, Antón. III. Varela Barreiro, Xavier. IV. Consello da Cultura Galega, ed. V. Instituto da Lingua Galega, ed.

Acto de clausura da celebración dos 25 anos do Consello da Cultura Galega
O Consello da Cultura Galega (CCG) culminou o programa de actividades conmemorativas dos seus 25 anos (1983-2008) cun solemne acto presidido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen se referiu ao CCG como “unha institución determinante e central para a cultura do país”.

A sesión contou tamén coas intervencións de Ramón Villares, presidente; Alfonso Zulueta de Haz, expresidente; Victor Manuel Vázquez Portomeñe, conselleiro de Educación e Cultura da Xunta en 1983, e Francisco Díaz-Fierros Viqueira, membro do primeiro plenario. A conmemoración dos 25 anos da institución celebrouse baixo o lema CREAR CULTURA, IMAXINAR PAÍS, e incluíu diferentes actividades, entre as que destacaron seis foros de debate e unha exposición que está a percorrer as principais cidades de Galicia.

O solemne acto que clausura os actos conmemorativos dos 25 anos do CCG reuniu unhas cento cincuenta persoas e, ademais das intervencións referidas, e a entrega das insignias do Consello aos antigos membros do Plenario, incluíu un recital de violín e piano. Pedro Rodríguez (violín) e Maximino Zumalave (piano) interpretaron “Preludio e allegro”, de Fritz Kreisler e “Romance”, de Andrés Gaos.

O acto contou coa presenza de autoridades e personalidades, entre as que cómpre salientar a: Pilar Rojo, presidenta do Parlamento; Antón Louro, delegado do Goberno; Benigno López, Valedor do Pobo; Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo; Carlos Varela, fiscal-xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; Antonio López Díaz, conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia; María Teresa Conde Pumpido, presidenta do Consello Consultivo de Galicia; os ex-presidentes da Xunta, Gerardo Fernández Albor e Emilio Pérez Touriño, ou José Manuel Balseiro, Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia.

DATOS BÁSICOS

Acto de clausura da celebración dos 25 anos do Consello da Cultura Galega

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2009

Lugar de celebración: Salón de actos do Consello da Cultura Galega

Xogos populares en Pontevedra
Transcrición do orixinal inédito de José Casal sobre xogos populares e divertimentos que conserva o Museo de Pontevedra.

O traballo ve agora a luz precedido dunha introdución de Xosé Fuentes en que se estuda a personalidade e a obra do médico pontevedrés, situándoo no contexto histórico, no que sobresae por ser o primeiro recompilador, nun senso amplo, das prácticas lúdicas en Galicia. Para comprender mellor a importancia da recompilación de José Casal, na transcrición de cada xogo Xosé Fuentes introduce unha serie de notas en que recolle os distintos nomes e as variantes que aparecen en dicionarios e noutros traballos sobre a materia.

Ficha Bibliográfica

Costumbres populares : apuntes acerca de juegos, diversiones, pasatiempos, entretenimientos y juguetes de mujeres y hombres, juveniles y de muchachos / José Casal y Lois ; edición, estudo introdutorio, transcrición e notas por Xosé Fuentes Alende. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega ; Pontevedra : Museo de Pontevedra, 2008. — 248 p. : il. ; 23 cm. — (Colección Base)
D.L. VG 1633-2008. —ISBN 978-84-96530-71-3
1. Xogos populares- Galicia. I. Fuentes Alende, Xosé. II. Consello da Cultura Galega. III. Museo de Pontevedra

Ourselves. The Galician Emigrant Associational Movement/ Associationnisme galicien dans l’émigration
Tradución ao inglés e ao francés do catálogo da exposición Nós mesmos, que resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba.

A mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, está configurada en sete capítulos e presentada en 62 paneis verbo-icónicos que conxugan escenarios, momentos e os principais aspectos do tecido societario da Galicia exterior.

O catálogo en galego e en castelán pódese consultar aquí.

Ficha Bibliográfica

Ourselves. The Galician Emigrant Associational Movement = Associationnisme galicien dans l’émigration / [organizado polo] Arquivo da Emigración Galega e a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia ; Pilar Cagiao Vila, Vicente Peña Saavedra (comisariado). – Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2009.– ISBN 978-84-96530-93-5

Documentacion e poder na sociedade da información: o papel dos arquivos e os observatorios da comunicación
Recóllense aquí as actas das xornadas celebradas os días 30 de novembro e 1 de decembro de 2005 en Santiago de Compostela nas que teóricos e documentalistas puxeron en común as dificultades, retos e vías de futuro do labor documental.

O Consello da Cultura Galega reuniu con este obxectivo a expertos en bases de datos e novas tecnoloxías como José Luis Dader; profesionais dos principais medios españois e galegos (El País, La Vanguardia, TVE, El Progreso, La Voz de Galicia ou Axencia EFE), que deron a visión dos traballadores da información a diario; expertos en dixitalización como Daniel Buján ou Javier Agenjo e teóricos da comunicación como Mariano Cebrián, Emilio García ou Emilio Prado. Xunto a eles, Ignacio Ramonet falou do Observatorio Francés de Medios de Comunicación e ofreceu a experiencia internacional nos procesos de documentación e dixitalización.

Ficha Bibliográfica

Documentación e poder na sociedade da información: o papel dos arquivos e os observatorios de comunicación / coordinadores Xosé López García e Rosa Aneiros Díaz. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega,  2009. —  Ed. en CD. —  ISBN 978-84-96530-87-4. — D.L. C 962-2009.

Ramón Otero Pedrayo, mestre da cultura galega
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2009, dedicado a Ramón Piñeiro, o Consello da Cultura Galega editou un CD e un cartafol cos que se quere honrar a figura do que foi o primeiro presidente da institución.

O cartafol permite coñecer sete artigos e ensaios de Ramón Piñeiro sobre diferentes facetas da obra de Otero Pedrayo: lembranzas persoais, consideracións sobre a Xeneración Nós, a oratoria, a significación oteriana na cultura galega ou a súa especial relación con Santiago de Compostela. Os textos falan tamén da relación moi próxima que tiveron ambos os dous ao longo do tempo.

A publicación, que reproduce os retratos que Carlos Maside fixo de Piñeiro e Otero Pedrayo, e doce fotografías, incorpora tamén un CD coa gravación da conferencia “Otero Pedrayo na cultura galega”, pronunciada por Ramón Piñeiro en Ourense en 1976.

Ficha Bibliográfica

Ramón Otero Pedrayo, mestre da cultura galega / Ramón Piñeiro. Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2009. — 88 p. : 20 cm + CD. — ISBN 978-84-96530-90-4. — D. L. C 4653-2008.

A lingua das novas
O informe analiza a situación lingüística dun dos actores sociais que máis podería ter contribuído á impulsión e consolidación do proceso de normalización lingüística do galego –os medios de comunicación– e que, por diversas causas, continúa a ser practicamente monolingüe na actualidade.

O estudo é froito do traballo dun grupo de investigación que iniciou o estudo no ano 2002. Mediante o emprego de técnicas de investigación cuantitativas e cualitativas obtivéronse datos e análises non só dos hábitos lingüísticos dos medios de comunicación impresos e audiovisuais na Galicia actual senón, ademais, das actitudes e reflexións dos seus protagonistas –xornalistas e directores de medios de comunicación– e outros analistas da situación –lingüistas, sociólogos, economistas, filósofos… Pretendíase non só coñecer a lingua actual dos medios de comunicación, senón tamén as causas e consecuencias de que outra realidade posible non exista.

Ficha Bibliográfica

A lingua das novas / coordinadores Miguel Túñez López e Xosé López García. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2009. — Ed. en CD. — (Documentos e informes ; 11). — ISBN 978-84-96530-83-6. — D.L. C-36-2009