Mediateca

Vídeos


Acto de clausura da celebración dos 25 anos do Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega (CCG) culminou o programa de actividades conmemorativas dos seus 25 anos (1983-2008) cun solemne acto presidido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen se referiu ao CCG como “unha institución determinante e central para a cultura do país”.




Memoria escrita, historia e emigración. Vídeos das conferencias

Estas xornadas abordaron dúas temáticas: dunha banda, a relación entre escrita popular, memoria e historia e, doutra banda, a importancia específica das fontes persoais e da escrita popular no estudo da emigración.




O valor crítico dos bens culturais. Vídeos das conferencias

Un total de trinta expertos insistiron na necesidade dunha conciencia colectiva activa e reflexiva, unha mentalidade, para unha visión crítica dos bens culturais e para a súa restauración e conservación.




Creación artística e identidades culturais. Vídeos das conferencias.

Neste foro tratouse de analizar as relacións entre a creación e a industria da cultura, desde o punto de vista das artes visuais.




Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Vídeos das conferencias

O foro de debate, que se celebrou no Consello da Cultura Galega os días 19 e 20 de xuño, analizou a situación actual e as perspectivas do idioma galego nun contexto global.




Olladas críticas sobre a paisaxe. Vídeos das conferencias.

O concepto de paisaxe xorde da interpretación do contorno natural, rural ou urbano en clave cultural e implica non só o que vemos senón tamén o país que queremos.




Galicia na Sociedade do Coñecemento. Vídeos das Conferencias

A sociedade do coñecemento convértese cada vez máis nun elemento central da vida das sociedades desenvolvidas contemporáneas, tanto nos aspectos sociais como nos económicos e culturais.



 
1