Anne Phillips referiuse ós tres asertos nos que se basea o multiculturalismo: o interese da xente pola cultura, a multiplicidade de culturas e a atención preeminente ós grupos culturais maioritarios.
Nesta conferencia Félix Duque falou, ante un auditorio dunhas trinta persoas, sobre “O neohumanismo da non-cidade” e un novo xeito de achegarse ao arquitectónico e ao urbanismo, atacando o “imperio democrático” neoliberalista e disertando sobre a relación entre cidade e pensamento.
José Luís Villacañas Berlanga tratou nesta conferencia sobre a hipertrofia da memoria, que segundo el “sería un intento desesperado por vivir nun escenario familiar para escapar dun futuro completamente estraño”.
Pedro Etxenike, catedrático de Física de Materia Condensada, falou sobre “Ciencia, creatividade e cultura” nun relatorio presentado por Domingo Docampo ao que asistiron, o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, e o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato.
Anna Cabré, catedrática de Xeografía Humana da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), foi a encargada de abrir, con esta conferencia, o ciclo “Cultura conciencia” no Consello da Cultura Galega (CCG).
Para que serviu o ano de María Mariño? Remocicaron as Letras nas sombras do Courel e da autoría? Que fica tras os pasos á procura do mundo dos furados? É Noia distinta?
É na construción de comunidade onde se poden encarar con éxito as ameazas do capital globalizador e abrir o camiño a outro mundo posible. Así se expresou Héctor Díaz-Polanco, profesor-investigador do Centro de Investigaciones y Estudios Superiores en Antropología Social (CIESAS) de México, na súa conferencia.
Ángel Rodríguez de Lera resumiu toda a historia da química desde a revolución da composición química de finais do século XVIII á revolución atómica de principios do século XX, pasando pola revolución molecular da segunda metade do século XIX, sen deixar de aludir á posibilidade dunha revolución supramolecular no século XXI.
O politólogo arxentino argumentou que as tensións detectadas ao longo do contínuo metáfora/metonimia poden ser vistas como plenamente operativas na estructuración dos espazos políticos e puxo como exemplos a lóxica da folga xeral en Georges Sorel e a estrategia política do Leninismo. Laclau plantexou deste xeito os seus postulados.
Fernando Castro afirmou durante o seu discurso, que o código da arte contemporánea é o minimalista e referiuse á dimensión turística da cultura e á dimensión cultural do turismo, á importancia do escaparate e do embalaxe, do envoltorio.