A Comisión Técnica de Xénero elaborou esta liña do tempo como un complemento ao Álbum das mulleres, un compendio multimedia de biografías de mulleres de relevancia na historia do noso país. Esta liña do tempo, en constante actualización, ofrece unha cronoloxía comparada da historia das mulleres en Galicia, o Estado español e o mundo.
O filósofo esloveno Slavoj Zizek, unha das voces máis interesantes da filosofía actual, reflexiona sobre a tolerancia cultural: “¿Por que hai hoxendía tantos conflictos percibidos como problemas de intolerancia, non como problemas de desigualdade, explotación ou inxustiza? ¿Por que o remedio proposto é a tolerancia, non a emancipación, a loita política, mesmo a loita armada?”. Este é o relatorio que Zizek enviou para a súa intervención no Seminario “Os sentidos das culturas”, o venres, 9 de marzo de 2007 no Consello da Cultura Galega.
Galicia, o sorriso de Daniel é unha exposición promovida polo Consello da Cultura Galega, que ten, entre outras misións, a de proxectar cara ao exterior a riqueza e diversidade da cultura galega, en calqueradas súas manifestacións. De acordo con este obxectivo, a exposición foi concibida como unha actividade de divulgación e de espallamento da riqueza cultural de Galicia, dirixida de forma preferente a galegos quemoran fóra de Galicia ou a non galegos que teñan algún interese pola cultura galega.
Esta é a conferencia presentada polo profesor Darío Villanueva, catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada e ex rector da Universidade de Santiago, no Seminario O(s) Sentido(s) da(s) cultura(s) organizado polo Consello da Cultura Galega o 29 de maio de 2007. No texto, Villanueva reflexiona sobre os cambios que as novas tecnoloxías e o seu contexto social asociado inducen na cultura e na nosa percepción desta.
Esta segunda mesa redonda tiña como obxectivo ir máis aló da análise das consecuencias directas dos lumes, afondar no problema e comezar a analizar aspectos económicos, sociais e políticos, tentando examinar as causas estruturais dos incendios en Galicia.
O clima é un factor fundamental á hora de falar da prevención, o desencadeamento e a extinción de incendios. A temperatura, o vento e a humidade son só algúns dos elementos que determinarán, por exemplo, a velocidade coa que se propagará o lume ou a dificultade para sufocalo.
Sen entrar no asunto concreto de cómo proceder á reforma do actual Estatuto, resulta evidente que se trata dunha iniciativa que cómpre ollar no contexto actual de reforma doutros textos estatutarios de diversas autonomías españolas, que marcan ou irán marcando no futuro as pautas das súas definicións identitarias, niveis competenciais e fórmulas de inserción no Estado das Autonomías.
O Álbum de mulleres é un proxecto da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega en colaboración co portal culturagalega.org.
Este informe trátase dun documento presentado por Xosé López, María del Carmen Pérez Pais e Concepción Varela Orolo para o Consello da Cultura Galega no ano 2006.
O amor foi o primeiro tema da literatura escrita en galego, hai xa 900 anos. A través de diferentes xéneros poéticos, formados a partir da vella raigame da tradición oral e dos salóns das cortes aristocráticas, os poetas da lírica galego-portuguesa compuxeron centos de cantigas dedicadas ao máis fecundo dos temas literarios da historia.
Nesta pequena escolma, seleccionada pola catedrática de Filoloxía Románica da USC Mercedes Brea a partir dos Cancioneiros de Ajuda, Vaticana e Lisboa, como naceu o amor na nosa literatura.