A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propuxo que esta institución promovese a creación de espazos e tempos de aproximación ao tratamento da información desde perspectivas de xénero e /ou feministas. A celebración das xornadas Xénero e Documentación os día 21 e 22 de xuño de 2007 supuxo un primeiro paso.
Este volume reúne dezaseis artigos orixinais sobre diferentes aspectos da lingua e da comunicación oral, encargados expresamente a especialistas neste campo. Análise do discurso oral, a función estética da lingua oral, variación da lingua falada, a lingua oral nos medios de comunicación, a adquisición da lingua e aprendizaxe da expresión oral, o uso da voz na comunicación e uso de recursos non verbais, tecnoloxías da fala e a elaboración e etiquetaxe de córpora orais son algúns dos aspectos que se tratan.
A lexicografía é, nos estudos lingüísticos do galego, unha liña de atención preferente e incesante desenvolvemento. Neste volume reúnense 19 contribucións resultantes do convite feito polo Instituto da Lingua Galega a distintos investigadores co fin de facer unha instantánea do estado actual desta disciplina en Galicia e, a partir dela, planificar o traballo da súa sección de lexicografía para os
próximos anos.
Transcrición do orixinal inédito de José Casal sobre xogos populares e divertimentos que conserva o Museo de Pontevedra.
Tradución ao inglés e ao francés do catálogo da exposición Nós mesmos, que resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba.
Recóllense aquí as actas das xornadas celebradas os días 30 de novembro e 1 de decembro de 2005 en Santiago de Compostela nas que teóricos e documentalistas puxeron en común as dificultades, retos e vías de futuro do labor documental.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2009, dedicado a Ramón Piñeiro, o Consello da Cultura Galega editou un CD e un cartafol cos que se quere honrar a figura do que foi o primeiro presidente da institución.
O informe analiza a situación lingüística dun dos actores sociais que máis podería ter contribuído á impulsión e consolidación do proceso de normalización lingüística do galego –os medios de comunicación– e que, por diversas causas, continúa a ser practicamente monolingüe na actualidade.
A Memoria de actividades 2008 do Consello da Cultura Galega sintetiza o traballo da institución ao longo do ano no que celebrou o seu 25 aniversario.
Este traballo ten como obxecto de estudo a presenza da lingua galega nos medios de comunicación de Galicia e da diáspora galega.