Mediateca

A colección editorial e audiovisual do CCG

Informe da Comunicación 2010

O Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo de Comunicación, publica unha nova edición do Informe de Comunicación en que se fai unha radiografía dalgún dos principais aspectos tanto do ámbito empresarial como do campo profesional.

Do conxunto dos estudos dedúcese que o sector vive unha fase de importantes cambios, marcados polo escenario da crise económica e pola busca de novas vías para garantir a continuidade dunha actividade industrial que presenta importantes fortalezas, pero tamén numerosas debilidades.

Últimas publicacións

Libros

Xénero e documentación

A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propuxo que esta institución promovese a creación de espazos e tempos de aproximación ao tratamento da información desde perspectivas de xénero e /ou feministas. A celebración das xornadas Xénero e Documentación os día 21 e 22 de xuño de 2007 supuxo un primeiro paso.

Libros

Perspectivas sobre a oralidade

Este volume reúne dezaseis artigos orixinais sobre diferentes aspectos da lingua e da comunicación oral, encargados expresamente a especialistas neste campo. Análise do discurso oral, a función estética da lingua oral, variación da lingua falada, a lingua oral nos medios de comunicación, a adquisición da lingua e aprendizaxe da expresión oral, o uso da voz na comunicación e uso de recursos non verbais, tecnoloxías da fala e a elaboración e etiquetaxe de córpora orais son algúns dos aspectos que se tratan.



Nube de Temáticas





  • Formatos

  • Ano de publicación

     
    1