Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos

EVENTO
XIV Encontros para a Normalización Lingüística
8 e 9 de marzo no Auditorio da Biblioteca de Galicia
Auditorio da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura
Santiago de Compostela
Os Encontros para a Normalización Lingüística levan ofrecendo ano tras ano desde 1998 un foro aberto e participativo de información, reflexión e debate sobre a situación do idioma galego. De feito, constitúen o ámbito de referencia para esta cuestión, que vén completar distintas iniciativas máis ou menos coincidentes na intención, pero de alcance máis reducido sectorial ou territorialmente. Por iso, os programas que se propoñen ano a ano veñen reflectindo de xeito fiel as cambiantes inquedanzas que suscita a evolución sociolingüística do país e os problemas de atención prioritaria. En concreto, nos últimos anos veñen gañando relevancia unha serie de cuestións mutuamente interrelacionadas, como o ensino, as novas tecnoloxías e mais as actividades e produtos de lecer. Todas estas cuestións apuntan dun xeito moi concreto a un sector que cada vez se percibe como o máís difícil e ao mesmo tempo como a chave do futuro do galego: a xente nova. Por esa razón, os XIV Encontros para a Normalización Lingüística van centrar fundamentalmente o seu foco na problemática relación entre a lingua galega e a mocidade.

COMPARTIR
INFORMACIÓN
Comisión organizadora
» Manuel Bermúdez
» Concepción Cochón
» Agustín Fernández Paz
» Valentina Formoso Gosende
» Valentín García Gómez
» Henrique Monteagudo
» Xoán Rivas
Coordinación
» Susana Mayo
» Henrique Monteagudo
Colaboración
Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
Fundación Cidade da Cultura
Organización
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
Participantes
Leo i Arremecághona, Manuel Bermúdez, Ana Bulnes, Iria Castro, Alba Cid Fernández, Brais Fernández Álvarez, Yelna Fernández Carril, Adrían Fernández Ferro, Marcus Fernández, valentina formoso, Valentín García Gómez, Mc Garcia, Olga Iglesias de la Fuente, José Manuel López Rodríguez, Henrique Monteagudo, Hugo Leonardo Novoa Alarcón, Bernardo Penabade, Raúl Piñeiro, Belén Regueira, Manuel Sánchez Fernández, Loaira Sánchez Freire, Xavier Seixo, Francisco Veiga, Ramón Villares,
Lugar de celebración
Auditorio da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura Santiago de Compostela
Hemeroteca
22-03-2012
Xa pode escoitar os XIV Encontros pola Normalización Lingüística
09-03-2012
A presenza do galego nas Redes Sociais é "escasa e insuficiente", segundo o avance do estudo presentado por Fernando Ramallo nos Encontros para a Normalización Lingüística
08-03-2012
“A normalización do galego debe ser un reto para a sociedade e non só para os poderes públicos”, di Henrique Monteagudo
07-03-2012
8 e 9-M na Cidade da Cultura: Os XIV Encontros para a Normalización Lingüística analizarán a problemática relación lingua galega-mocidade
24-02-2012
140 inscritos nos XIV Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Centro de Documentación Sociolingüstica do Consello da Cultura
Investigación »

ARQUIVO DE COMUNICACIÓN
Estudios de Comunicación

A primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia
Documentación »

ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Vento que zoa

A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira

Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Investigación »

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
LINGUA EN TITULARES

Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG