EVENTO
Os intelectuais galegos e o franquismo
Xoves, 6 de outubro de 2011, ás 20:00 horas
Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, Pontevedra
Pontevedra acollerá unha nova edición dos Faladoiros Cunqueiro reflexionando sobre a relación entre os intelectuais galegos e o franquismo. Para iso cóntase coa participación de catro destacados especialistas na época. Xosé Fortes, ex-militar, profesor e escritor, Olivia Rodríguez -especialista na vida e obra de Vicente Risco-, o investigador Luís Cochón e o catedrático de Literatura Galega Xesús Alonso Montero.