XOVES, 28 de abril
SESIÓN DA MAÑÁ
9:30 h.
Entrega de documentación
10:00 h.
Inauguración dos encontros
10:15 h.
Relatorio: Lingua, cohesión social e desenvolvemento
Santiago Prado
COLOQUIO
11:30 h.
Proxecta: Xenéricos en monodoses
11:45 h.
Pausa
12:30 h.
Relatorio: Actitudes lingüísticas en Galicia: unha aproximación cuantitativa
Carlos Neira
COLOQUIO
SESIÓN DA TARDE
16:30 h.
RELATORIO: ESTRATEXIAS COLABORATIVAS PARA A DIFUSIÓN DOS RECURSOS DA PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA
Ángel García Vidal: Límites legais e rendemento das licenzas compartidas
Susana Guitar e Susana Mayo: A difusión documental nos espazos virtuais: Documentación Especial en Liña e Delingua
COLOQUIO
17:45 h.
Proxecta: videoxogo Viaxe ás Covas do Folón
18:00 h.
Pausa
18:45 h.
Mesa de debate: A experiencia neofalante: como achegar a mocidade ao galego?
Iolanda Gomis, Xurxo Souto, Xurxo Martínez e Xandre Vázquez
COLOQUIO
VENRES, 29 de abril
SESIÓN DA MAÑÁ
10:00 h.
Relatorio: A promoción do galego como política pública
Xosé Luís Barreiro Rivas
COLOQUIO
11:15 h.
Proxecta: Historia gráfica da normalización lingüística
11:30 h.
Pausa
12:15 h.
Informe: Análise da acción política no ámbito municipal
Comisión Técnica do CDSG
COLOQUIO
SESIÓN DA MAÑÁ
16:00 h.
Mesa redonda: Que facer desde os concellos para a promoción do galego?
Belén Regueira xunto con representantes do Partido Popular, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego
COLOQUIO
17:15 h.
Proxecta: Linguagalega.tv
17:30 h.
Pausa
18:00 h.
Mesa de traballo: O galego na Administración de Xustiza
Ana López-Suevos, Martín Ramos, Patricia López e Anxos Sobriño
COLOQUIO
19:15 h.
Actividade lúdica: A xeito de conclusións
Brais Fernández
20:00 h.
Clausura dos encontros
ASISTENCIAINSCRICIÓN
• A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario habilitado no web do CCG.
• O límite de prazas establécese en 200 persoas.
Teñen preferencia, pola mesma orde na que aparecen citados, os seguintes colectivos:
1. Técnicos/as de normalización lingüística en activo que desenvolvan o seu labor nos servizos de normalización lingüística ou servizos lingüísticos existentes en Galicia.
2. Outros profesionais do ámbito da planificación e da dinamización lingüística que estean a traballar actualmente no ámbito público ou privado.
3. Socios/as da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, entidade colaboradora na organización deste evento.
4. Outras persoas interesadas.
O Consello da Cultura Galega poderá solicitar acreditación da adscrición ao colectivo que se alegue para incluírse en grupos preferentes.
A organización informará da aceptación da inscrición mediante unha listaxe de admitidos/as. Unha vez publicada deberá efectuarse o pagamento da matrícula. Non debe aboarse ningún pagamento antes.
• Prazo de preinscrición: ata o 28 de marzo
• Listaxe de admitidos/as: 31 de marzo
• Prazo de matrícula: do 1 ao 10 de abril
• A cota de inscrición é de 10 €. Para estudantes e licenciados en paro: 5 €. Para os socios e as socias da CTNL é de balde.
• O pagamento farase efectivo mediante unha transferencia bancaria á conta:
CAIXA GALICIA 2091-0300-47-3110063172
PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA DEBE ENVIAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO. SE ESTÁ NOS GRUPOS DE MATRÍCULA REDUCIDA, DEBE INCLUÍR TAMÉN UNHA COPIA DA TARXETA DO PARO OU DA MATRÍCULA NO CURSO 2010-2011
• Entregarase diploma acreditativo de participación nos XIII Encontros, emitido polo Consello da Cultura Galega.
• Para acadar o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.