Próximos eventos

Set

23

XII Encontros para a Normalización Lingüística

Os días 23 e 24 de setembro celebraranse os XII Encontros de Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, do Consello da Cultura Galega. Trátase dun foro anual de reflexión, estudo e debate dirixido a profesionais, docentes e estudosos da normalización lingüística e a interesados na problemática e nas políticas lingüísticas en Galicia. Terán lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Pode facerse a inscrición aquí.

Noticias

Os Presidentes de Xunta, Consello da Cultura e Fundación Barrié destacaron a relevancia da emigración na apertura da exposición “Os adeuses”

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2010.- O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron esta tarde na sede da Fundación “Barrié de la Maza”, na Coruña a exposición OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963) captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. O acto foi presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a quen acompañaron José María Arias, Presidente da Fundación citada e Banco Pastor, e o Presidente do CCG, Ramón Villares,o Secretario Xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro,o autor das fotografías e o director do CGAI, Guillermo Escrigas. A exposición, que máis adiante visitará outras cidades, poderá verse na Coruña ata o vindeiro 5 de setembro.

Continúe lendo…

O libro “O Botafumeiro”, iniciativa do Consello da Cultura, analiza a historia, a etimoloxía e a física do “rei dos incensarios”, que data do s. XIII


De esquerda a dereita, Antón Santamarina (ILG), Francisco Díaz Fierros (vicepresidente CCG), José María Díaz Fernández (deán da catedral), Xosé M. Sánchez Sánchez (historiador) e Francisco Rodríguez Iglesias (Hércules de Ediciones). Foto: CCG.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2010.- Un fermoso tomo de 134 páxinas magníficamente ilustrado, resultado dunha iniciativa interdisciplinar do Consello da Cultura Galega, editado por Hércules de Ediciones. O libro O BOTAFUMEIRO. ESTUDOS E EVOCACIÓNS foi presentado así hoxe na Sala Capitular da Catedral de Santiago. O popular botafumeiro non foi o primeiro incensario vencellado ao feito xacobeo, segundo consta nunha miniatura do Tumbo A (s. XII), pero si é o primeiro que figura nunha anotación marxinal do Liber Sancti Jacobi, descrito como “magno turibulo argenteo” (s. XIV-XV), conservados no arquivo catedralicio. Destacárono Francisco Díaz Fierros, vicepresidente do CCG e coordinador da edición, Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules, e José María Díaz Fernández, Deán da Catedral compostelana.

Continúe lendo…

Rosario Álvarez Blanco, vicepresidenta, Xosé López García, secretario e Alfonso Paz-Andrade, novo vogal do Plenario do Consello da Cultura Galega

Santiago de Compostela, 14 de julio de 2010.- O Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou esta tarde a composición da nova Comisión Executiva, á que se incorpora Rosario Álvarez como vicepresidenta, e na que Xosé López asume as funcións de secretario, sustituíndo a Henrique Monteagudo. Francisco Díaz-Fierros continúa como Vicepresidente primeiro. O máximo órgano de goberno da institución aceptou tamén a incorporación, como membro electivo, do empresario e promotor cultural Alfonso Paz Andrade. Aprobou asemade un plan de austeridade económica e deu o visto e prace á creación dunha comisión interinstitucional sobre o Panteón de Galegos Ilustres e ao programa de actos conmemorativos do primeiro centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-1981). As propostas foron presentadas por Ramón Villares, quen ven de iniciar o seu segundo mandato (2010-2014) como Presidente do CCG.

Continúe lendo…

 
1