Xohana Torres. A dona dos mapas

29 de outubro de 2009

Preténdese propiciar un espazo para o estudo e a achega de novas lecturas sobre a obra literaria e perfil cultural de Xohana Torres. Considerada como un dos nomes máis relevantes da literatura galega contemporánea e autora dun verso convertido en divisa da reivindicación feminista, “EU TAMÉN NAVEGAR”, a figura de Xohana Torres recoñécese só no ámbito poético e narrativo, existe porén un gran descoñecemento sobre outros traballos literarios e culturais da escritora que cómpre pór de relevo. A xornada “Xohana Torres. A dona dos mapas” quere propiciar novos enfoques arredor da súa obra poética, narrativa, teatral e no ámbito da literatura infantil e xuvenil, así como resituar e documentar a súa relevancia creativa no contexto cultural dende os anos 50 até a actualidade.


Datos básicos:

Organiza: Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.
Coordinación: Ana Romaní Blanco e Helena González
Colabora: Centre Dona i Literatura. Universitat de Barcelona
Materiais: Folleto en PDF
Inscrición: A asistencia ao acto é libre e gratuíta. Entregarase diploma de asistencia previa inscrición.
Lugar de celebración: Salón de Actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi)

Ver localización:

Ver mapa máis grande

Máis información

 
1